Preto do mediodía deste martes 19, un particular contactou co 112 para alertar de que un home quedara inconsciente, mentres realizaba labores no monte, no lugar de Aguasantas, no Municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O home atopábase subido a unha árbore, pero os seus compañeiros lograron baixalo ata o chan. O rescate complicábase debido a dificultade de acceso desa zona.
Os xestores do 112 solicitan a intervención das Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como membros da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.
Xa no lugar, os membros de Protección Civil advertiron que o acceso ata a persoa, implicada neste suceso, era complexo e que sería necesario empregar medios adicionais para trasladar á vítima ata os vehículos medicalizados.
A pesar dos esforzos realizados, o equipo sanitario só puido confirmar o falecemento do home.
As forzas do orden traballan para esclarecer os feitos.