Ás 12:00 hrs na Alameda de Noia esta previsto un acto homenaxe de todas as mulleres vitimas de violencia machista.
Ás 19:00 hrs no edificio do Casino a psicóloga María Pouso explicará a revitimización que sofren as vitimas de violencia machista unha vez que se deciden a denunciar.
A concelleira Chelo Martínez convidou a participar nas actividades, xa que son necesarias para concienciar da necesidade de seguir avanzando en políticas de prevención da violencia machista.