A Deputación de Lugo participa en Celeiro na inauguración da exposición Celeiro 100 anos de tradición pesqueira

por Redacción Lugo

A Deputada Carmela López Moreno participou este mércores en Viveiro na inauguración da exposición Celeiro: 100 anos de tradición pesqueira, acto central do centenario da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol. Destacou a súa importancia para preservar a memoria histórica e recoñecer o esforzo das xeracións que converteron o porto de Celeiro nun referente pesqueiro. Puxo en valor o rico patrimonio mariñeiro e cultural da comarca da Mariña, facendo fincapé “que esta exposición é unha oportunidade para recoñecer o esforzo e a dedicación das persoas que ao longo de cen anos contribuíron ao crecemento e consolidación do porto celeirense”.

A mostra, situada na sede da confraría, inclúe maquetas de barcos, fotografías, vídeos históricos, pinturas dos patróns maiores e obxectos singulares como a acta fundacional e maquinaria antiga. A visita complétase cun percorrido por espazos emblemáticos como a lonxa e o porto. Os actos do centenario culminarán coas XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, un referente anual do sector.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario