Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a responsable da produtora Nós Televisión, Rosabel Candal.
Coincidindo co 140 cabodano do pasamento de Vicente Risco, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaboraron para poñer en marcha “Os trazos de Risco”, un traballo audiovisual documental, gravado no Teatro Principal e conformado por 5 capítulos que afondan na figura literaria e cultural que supuxo para a historia da Galicia moderna o escritor ourensán.
O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, recalcou que esta iniciativa enmárcase “na liña da Deputación de manter o legado cultural nosos nososgrandes” e destacou a súa calidade artística así como a súa importancia histórica.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García, sinalou tamén a excelencia deste traballo “dun dos grandes arquitectos do pensamento galeguista cuxo papel na historia da Galicia moderna non sempre estivo ben visibilizado”. Ademáis de analizar que pese “á súa inmensa profundidade analítica e a que foi o autor con a visión máis cosmopolita da Xeración Nós, el sempre optou por ser un señor de Ourense e cuxa vida e obra apaixoantesmerecen ser coñecidas en Galicia”.
Pola súa banda, a responsable da produtora Nós Televisión, Rosabel Candal, explicou que estes 5 capítulos baséanse en conversas con persoas que coñeceron a Vicente Risco, coa fin de “revisitar a súa figura desde diferentes perspectivas”. Este traballo tamén ten unha fonda vocación didáctica, sinalou, ao ser perfectamente válido para a utilización nas aulas por parte dos equipos docentes de Galicia.