A Deputación de Ourense aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

por Jorge García
PRESENTACIÓN TORNEO DEPOUBASKET MÁSTERS + 35O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa de presentación do Torneo DepOUbasKet Másters + 35. Tamén participan María Jose Varela Alonso (Secretaria da Delegación Ourensana de Baloncesto) e Xiana Carrera García (Coordinadora de deportes da Deputación Ourense).

Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Paz mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da competición veterana da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA).

Deputación de Ourense e Federación Galega de Baloncesto achegan a Ourense o Baloncesto Veterano coa organización do “TorneoDepOUbasKet Másters + 35”.

A pista do Pazito, no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, acollerá este sábado, 23 de novembro, a chegada da competición veterana da FEGABA, unha nova plataforma para seguir dando a coñecer a súa firme aposta pola práctica do deporte máis alá dos 35 anos, nun sector depoboación no que o deporte federado está en plena consolidación.

Imprenta CB, Club Pereiro Baloncesto e Almacéns Gamallo AB Xinzo, os tres equipos representantes da provincia de Ourense na actual Liga Masculina de Veteranos FEGABA, serán os principais protagonistas deste “Torneo DepOUbasKet Másters + 35”, contando xunto a eles coa presencia do CD Galogrín, procedente de Santiago de Compostela.

Os catro equipos trasladarán a emoción da competición veterana a Ourense e vivirán unha nova xornada en modo cuadrangular, que se estenderá desde as 11:00 h ata as 19:30 h.

En categoría feminina, representando no seu caso á Liga de veteranas FEGABA, competirán no Torneo un combinado de xogadoras da provincia de Ourense e o CB Val de Lemos. O seu duelo terá lugar en horario de tarde (17:30 h).

Todos os equipos compartirán pista e xantar de confraternización, remarcando así o auxe do Deporte Veterano en Galicia.

O Baloncesto Galego di NON

O “Torneo DepOUbasket Másters + 35” unirase tamén ás accións simbólicas que a Federación Galega de Baloncesto realizará no marco do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

As xogadoras e xogadores participantes sumaranse ao NON do Baloncesto Galego á violencia de xénero e ao seu compromiso coa erradicación da mesma.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario