Susana Rodríguez Garcio e a miserenta hipocrisía de Balaídos. Por David Otos

por David Otos

Non, o problema de Vigo non é o Celta nin o Deportivo. O problema é a mentalidade cutre, esa que presume de orgullo celeste cando convén pero que cambia de chaqueta en canto cheira a negocio. Balaídos é o perfecto reflexo diso: un templo de vaidade local que decide quen vale e quen non segundo lle pete.

Susana Rodríguez, viguesa, campeoa paralímpica e do mundo. Un orgullo para calquera cidade normal, pero para Vigo, non. Aquí todo o que fixeches, todo o que representas, queda en merda se cometes o “pecado” de declararte siareira do Real Madrid. E por iso non lle deixan facer o saque de honra en Balaídos. Porque, claro, hai que ser “celeste puro”. Pura tontería.

E agora o mellor: ao mesmo tempo, o club encárgalle o himno do centenario a C. Tangana, un tipo que se Fai chamar “El madrileño” e Sen dubida e un confeso seguidor do… Real Madrid. Si, o mesmo equipo que é un problema para Susana non o é para Tangana. Aquí non importa o escudo que adores mentres teñas fama e poidas vender titulares. Entón, a túa camiseta xa non molesta, e os principios van directos ao lixo. É para partirse de risa se non dese tanta vergoña.

Susana, con todo o que logrou, non é “digna” de pisar o céspede de Balaídos porque non reza ao deus celeste. Pero Tangana, cun micro e un disco que vende como churros, pode poñerlle banda sonora ao centenario do club sen que ninguén levante a cella. Isto non é coherencia. É hipocrisía de barrio.

E, por suposto, o de sempre: Vigo. Esa cidade que presume de grandes discursos pero que se queda a medio camiño sempre que toca demostrar algo. Pódese ser un faro de dignidade un día e ao seguinte agachar a cabeza cando entra un nome famoso pola porta. Pódese expulsar a unha campioa local por non berrar “Hala Celta” e logo abrirlle as portas a un madrileño porque vende ben na prensa.

A realidade é simple e dura: a Susana Rodríguez non lle fai falla Balaídos. Non lle fai falla o aplauso hipócrita dun estadio que selecciona quen merece ser admirado segundo lle conveña. Ela xa gañou no único terreo que importa, a vida. Balaídos, pola súa banda, seguirá sendo o mesmo. Un lugar que presume de principios, pero que vende ata a súa alma ao primeiro Tangana que lle toque a porta.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario