O PSOE de Arteixo pide explicacións a Carlos Calvelo sobre as medidas de emerxencia tomadas durante o paso da borrasca Bert

por 21 Noticias

Os socialistas arteixáns non teñen constancia de ningún aviso á veciñanza nin medidas especiáis como o peche de parques, xardíns e praias a pesar da alerta laranxa activada pola Xunta.

O grupo municipal socialista preguntará no pleno de novembro polas medidas de emerxencia tomadas polo goberno local ante a alerta laranxa activada pola Xunta de Galicia durante o paso da borrasca BERT.

Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista, sinala que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes activou a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego pero “non temos constancia que desde o goberno local se producise ningún aviso á veciñanza, sin se tomaran medidas de protección como o peche de parques, xardíns e praias

Ante alertas por vento é importante seguir as medidas de protección, explica Seco, como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento. Ademais, coas fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

“Ningunha destas recomendacións foron trasladadas á veciñanza de Arteixo como na maioria de municipios afectados pola alerta”, insiste o portavoz socialista, “nin dende a web do Concello nin desde os perfis oficiais das redes sociais, coa agravante de que a última mensaxe sobre o tempo na fin de semana é do venres comunicando que deixa atrás a borrasca, e nin sequera hoxe luns, hai ningún aviso sobre o temporal a pesar de que son evidentes os desperfectos da borrasca Bert en Arteixo, con árbores caídos nalgúns puntos do municipio”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario