Ames, Marín, A Coruña e Ourense no calendario de campionatos da RFEA e da World Athletics

por Jorge García

Fai uns días a RFEA facía público a designación de Ames como sede oficial na que se levará a cabo o vindeiro 19 de outubro de 2025 o Campionato de España de 5K máster en ruta e que xuntará, neste concello de algo máis de 32.200 habitantes, a un importante número de atletas achegados de todos os recunchos do Estado.

Con esta sede, o Concello de Ames da un paso máis na súa capacidade organizativa que o levou nos últimos anos, a organización dunha intensa actividade atlética na que destacan varios campionatos de Galicia.

Varias sedes

Xunto a Ames, son un total de tres concellos os que organizarán no 2025 algún tipo de competición deste tipo.

A pista cuberta de Expourense volverá novamente ao centro neurálxico do atletismo nacional ca disputa do sempre interesante Campionato de España Sub16 os días 15 e 16 de marzo. Con esta nova desiganción,  a
cidade das Burgas suma xa un total de nove campionatos destas características desde a súa inauguración no 2017 entre as que destacan tres edicións absolutas nos anos 2020-22-24.

A maiores, a mesma pista dará acollida datas antes, o seu I Meeting Internacional o 18 de xaneiro, no que podería ser a antesala para a organización dalgún futuro campionato de rango internacional.

Pola súa banda Marín é outro dos concellos quen se suma á organización de campionatos para este 2025. En concreto a mellor marcha estatal estará tomando parte polas súas rúas o vindeiro 09 de marzo no que será o Campionato de España absoluto dos 35K que ademáis servirá tamén como Campionato Máster e de Campionato de Federacións Sub20-18-16, toda unha excelente oportunidade para ver in situ aos mellores marchadores e marchadoras de España e onde a nosa comunidade, é todo un referente.

E xa que falamos da marcha e de referentes, non podemos pasar por alto o vindeiro día 07 de xuño a celebración en A Coruña do XXXVIII Gran Premio Internacional Cantones de Marcha Atlética- Trofeo Sergio
Vázquez no que novamente a proba declarada pola  World Athletics ’Patrimonio Mundial do Atletismo’, servirá para que polas rúas herculinas desfilen os mellores marchadores e marchadoras do mundo actual.

Satisfación na asignación das sedes

Desde a FGA valorase moi positivamente a celebración destes campionatos polos que se apostou desde un primeiro momento. Os mesmos foron defendidos  diante da Comisión Delegada da RFEA que finalmente,
decidirían a favor dos intereses galegos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario