O PP piden explicacións ao bipartito sobre as xestións para a cesión ou uso de locais a asociacións de Viveiro

por Redacción Lugo

Os concelleiros do PP advirten da “discriminación” aos veciños de Pénjamo por parte do bipartito que non dá explicacións da negativa a que empreguen un espazo municipal xunto ás dependencias de Protección Civil polo que “non poden desenvolver as súas actividades”.

Os concelleiros do PP de Viveiro pedirán explicacións no vindeiro pleno ao goberno bipartito sobre os motivos polos que a delegación da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Viveiro ou a asociación de veciños do barrio do Pénjamo non dispoñen de locais sociais.

No primeiro caso, os populares esíxenlle á alcaldesa que informe sobre o punto no que se atopan as xestións para a cesión dos locais da antiga Casa do Mar de Celeiro á delegación da AECC de Viveiro; toda vez que a alcaldesa manifestara o pasado mes de abril que estaba a realizar trámites coa dirección provincial do INSS para esta finalidade.

Os populares súmanse ao compromiso de Viveiro coa causa e lembran que “a delegación da AECC de Viveiro sobre carencia de locais para o desenvolvemento da súa actividade”. Polo tanto, cren conveniente que a alcaldesa dea explicacións despois de ter visitados os locais da antiga Casa do Mar en abril e comprometerse a facer os trámites”.

DISCRIMINACIÓN AOS VECIÑOS DE PÉNJAMO

Tamén cren que “o goberno local debe explicar as razóns que levaron ao PSOE e ao BNG  a discriminar aos veciños e veciñas de Pénjamo” que viñan empregando como local social un espazo municipal ubicado no inmoble do grupo de vivendas Jesús Rodríguez Álvarez compartindo dependencias con Protección Civil.

Os populares advirten que “dende hai máis dun ano non poden acceder  nin utilizar ese espazo” mentres o goberno bipartito lles nega calquera explicación que xustifique esa decisión que supón que “non podan desenvolver as súas actividades”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario