- Mar Carballas: Estas incidencias aumentaron significativamente a medida que avanzaba o ritmo das obras. Das 13 caídas rexistradas en 2023 (de marzo a decembro), pasamos a 50 caídas nos primeiros 11 meses de 2024. Este incremento reflicte a falta de seguridade adecuada durante as obras e a improvisación que está a afectar aos peóns.
- Ramón Cabarcos ve unha incoherencia que goberno local esté facendo obras de humanización sen a planificación adecuada, provocando inseguridade aos peóns e advirte que “lonxe de ser algo puntual perdurarán no tempo xa que os pavimentos seguirán rompendo porque son máis fráxiles que os que había antes”
- Os populares tamén recalcaron os perxuizos que está a ocasionar ao comercio local o feito de que estén as rúas levantadas e a mobilidade limitada, especialmente en campañas como a de Nadal, a segunda que pasan nesta situación polo que proponen accións concretas para paliar esta situación e fomentar a actividade no comercio de proximidade
63 denuncias na policía dende que empezaron as obras
- A situación das obras de peonalización do casco histórico de Lugo segue xerando preocupación. Nun contexto marcado polos constantes atrasos e modificados das obras de peonalización no centro histórico de Lugo, os datos non deixan lugar a dúbidas: Entre marzo de 2023 e novembro de 2024, rexistráronse 63 informes na policía local por caídas vinculadas ao mal estado do pavimento. Desde o Partido Popular, sinalamos que esta cifra reflicte só unha parte do problema, xa que moitas outras caídas non se denuncian.
- Os populares tamén reflexionan sobre a contradición de realizar unha obras de peonalización do casco histórico de Lugo co obxectivo prioritario humanizar e favorecer a mobilidade dos peóns cando os feitos amosan o contrario:
- Deterioro continuo das rúas: O tráfico que se desvía por rúas como San Marcos ou Quiroga Ballesteros provoca un deterioro do pavimento que está en condicións lamentables. Tamén observamos como vías xa peonalizadas, o pavimento é máis fráxil, cun grosor menor que o que había anteriormente polo que as baldosas que rompen constantemente, poñendo en risco aos viandantes e tamén provocando que esta situación continúe cando rematen as obras. (o deterioro das rúa perdurará no tempo)
- Falta de mantemento e previsión: O goberno local non só improvisa na execución das obras, senón que non toma medidas inmediatas para reparar os desperfectos, o que agrava os riscos para os peóns
- Impacto económico e social: Esta é a segunda campaña de Nadal consecutiva co centro levantado, cunha mobilidade reducida e con zonas comerciais afectadas. Isto non só afecta á seguridade dos peóns, senón que tamén prexudica gravemente e ocasiona importantes repercusións económicas aos comerciantes e hostaleiros