Duas galegas convocadas coa selección Española U17 de Loitas Olímpicas

por Jorge García

As deportistas Galegas becadas no CGTD de Pontevedra: Nadia Zholtikova e Ana Ferro, Viaxan do 5 ó 9 de Decembro coa Selección Española U17, para participar no Torneo Internacional Lady Open de Polonia.

A cidade de Boguszów-Gorce (Polonia), será a sede do Lady Open Internacional de Loita Feminina. A competición divídese en 2 días de duración. O sábado 7 serán as eliminatorias e o domingo 8 as fináis e entrega de medallas e trofeos.

Esta é unha das competicións máis concurridas para a loita feminina. As deportistas Galegas, gañaron a súa selección tras a concentración celebrada no CAR de León, onde se xuntaron as mellores deportistas nacionais U15 e U17.

– Nadia Zholtikova (Club de Loita Pontevedra) participará en -54 kg en U17.

– Ana Ferro (Club Senín) participará en -73kg en U17.

O nivel das mulleres nas loitas olímpicas sigue a medrar, competición tras competición. Galicia vovler a ter a deportistas de referenza nacional nas categorías de deporte base.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario