Adrián Vázquez. «Grazas ao PP, os concellos galegos confirmaron que o ‘taxazo’ ao lixo vén de Madrid, non de Bruxelas»

por 21 Noticias

O eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez subliña que, grazas ao Partido Popular, os concellos galegos confirmaron esta semana que a imposición do taxazo ao lixo que quere impoñer o Goberno de Sánchez «non é culpa de Bruxelas», senón que «vén de Madrid».

O vicepresidente executivo da Comisión Europea, Maros Sefcovic, negou nunha resposta aos populares que a lexislación europea obrigue ao Goberno español a aplicar unha taxa de lixo en todos os concellos a partir do mes de abril de 2025, tal e como levan defendendo moito tempo desde Moncloa e como pretenden impoñer.

«Non hai nada peor que empezar un novo traballo e que, na primeira semana, te pillen mentindo. Iso é o que lle pasou a Teresa Ribeira cando a Comisión Europea nos confirmou que ese taxazo ao lixo era mentira», sinala Adrián Vázquez.

O eurodeputado galego explica que «non é unha obrigación que vén de Europa, é unha obrigación que fai o Goberno de Sánchez, que o único que lle interesa é recadar máis para gastalo onde non debe».

Por iso, grazas o traballo que fixo o Partido Popular, os alcaldes e alcaldesas dos 313 concellos galegos saben agora que este «Sanchazo» é unha cousa que «vén de Madrid, non de Bruxelas». «E si, estamos a favor da economía circular, pero non estamos a favor que se lle cargue ao cidadán, cada vez máis, o que non se lle ten que cargar», conclúe Vázquez.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario