Inés Rey aposta por reforzar o papel dos gobernos locais na construción dunha Europa máis igualitaria e inclusiva

por Redacción A Coruña

Abordaronse cuestións como o futuro sostible e conectividade do transporte público. Aprobouse unha declaración sobre a resiliencia hídrica, logo das inundacións da Comunitat Valenciana.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey interviu esta mañá no Cumio de Líderes do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CEMR) celebrado en Karlsruhe (Alemania) para demandar un maior papel dos gobernos locais na construción dunha Europa «máis igualitaria, democrática e inclusiva».

Rey foi nomeada pola FEMP como membro do comité político do CEMR xunto cos alcaldes e alcaldesas de Jerez, Alicante, Estepona, Derio e Soria en representación dos municipios de España. A alcaldesa defendeu que «os gobernos locais son cruciais para construir sociedades máis igualitarias, democráticas e inclusivas en Europa ao ocupar unha posición única para desenvolver políticas, actividades e programas que aposten pola igualdade implementando as políticas e acordos europeos nesta materia». 

Durante o debate sobre como conectar territorios e fomentar a mobilidade das personas en Europa, a alcaldesa puxo como exemplo a aposta do Concello da Coruña por cambiar a mobilidade na cidade a través da posta en marcha do servizo de BiciCoruña, as bonificacións ao transporte para baixar o prezo do billete do bus en colaboración co Estado así como o estudo no cambio de modelo de transporte público que se está a abordar na actualidade. «Temos claro que o futuro do transporte público pasa pola sostenibilidade e na Coruña estamos avanzando nesa dirección». 

Por último, a alcaldesa interviu tamén no debate sobre a aprobación da declaración sobre a resiliencia hídrica para destacar en nome dos concellos de España que «o desastre de Valencia puxo de manifesto a necesidade de incrementar os recursos dos concellos para poder mellorar as infraestructuras hídricas e desenvolver políticas de planificación urbana». O Comité Político aprobou tamén instar á UE a simplificar o acceso aos fondos de emerxencia para os municipios da Comunitat Valenciana afectados polas inundacións. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario