Denuncian a situación de inseguridade para a veciñanza, especialmente no túnel que queda completamente ás escuras cando cae a noite.
O grupo municipal socialista de Arteixo ven de trasladar as queixas da veciñanza que transita polo paseo fluvial de Vilarrodís polas condicións nas que se atopa o túnel que teñen que cruzar durante as súas andainas.
Martín Seco, portavoz dos socialistas de Arteixo, explica que “o túnel queda completamente ás escuras a partir das seis da tarde cando cae a noite” e polo tanto non ofrece as condicións de seguridade necesarias para transitar por el.
“Pedímoslle ao goberno local que ilumine e acondicione con urxencia ese túnel para que poida ser transitado con seguridade pola veciñanza que utiliza o paseo fluvial de Vilarrodís” remata Martín Seco.