Amnistía Internacional Galicia organiza a mesa redonda “Prohibido Protestar”

por Redacción Galicia

Amnistía Internacional Galicia organiza o vindeiro venres 13 de decembro ás 19h na Casa do Taberneiro de Santiago de Compostela a mesa redonda «Prohibido Protestar».

Este acto, no que colaboran as organizacións Observatorio Sostenibilidad, Ecoloxistas en Acción e Oxfam Intermón e que está moderado por Toni Alonso (Presidente de Amnistía Internacional Galicia) contará coa participación dos seguintes poñentes:

– Fernando Prieto (Director de Observatorio Sostenibilidad)

Dr. en Ecoloxía, pola Universidade Autónoma de Madrid. Conta cunha experiencia profesional de máis de 35 anos en temas de medio ambiente, sostenibilidade e cambio climático. Traballou 10 años no Ministerio de Medio Ambiente en estadísticas de medio ambiente e sostenibilidade e 4 na Axencia Estatal De Avaluación de Políticas Públicas. Asesor do goberno ao máximo nivel no Gabinete de Presidencia do Goberno, foi profesor durante 10 anos na universidade e impartiu conferencias en universidades de Suiza, Italia e América Latina. 

Actualmente é director do Observatorio da Sostenibilidade, unha entidad independente que pretende ser referencia en cambio climático, biodiversidade, economía circular e cidades sostibles.

– Ana Freiría (Voceira de Ecoloxistas en Acción)

Graduada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo.

Comezou a súa carreira como activista no 2021 en Ecoloxistas en Acción Galiza, colaborando en diversos proxectos. En 2022 e 2023 levou a cabo campañas de educación ambiental en centros educativos de secundaria. Tamén no 2023 coordina, xunto cos comapñeiros Eloy Pérez e Cristóbal López a campaña contra os pellets. 

No 2022 participa nunha acción na Cámara Mineira da Coruña xunto con outras 5 compañeiras. O conglomerado empresarial decide denuncialas por coacción a unha traballadora. O tribunal da Coruña decláraas culpables dun delicto de coacción leve, o que conleva unha multa a cada unha das participantes nesta protesta. Actualmente, a denuncia está recurrida ao Tribunal da Xunta de Galicia á espera de resolución.

– Carlos Escaño (Responsable de Campañas de Amnistía Internacional España).

Responsable de campañas de dereitos humanos en España en Amnistía Internacional dende 2015, foi activista ao longo de 9 anos defendendo a liberdade de expresión dende a plataforma No Somos Delito. Impulsor da arte para a  transformación social dende a Asociación Bajando al Sur, aplicou ferramentasdo Teatro do Oprimido. Traballou en Perú, Bolivia, Paraguai e Haití realizando proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Licenciado en Dereito e Administración de Empresas e Máster en Acción Solidaria Internacional Europea. É autor da novela distópica Liade y el viejo Torib sobre a busca das utopías. 

Da súa man poderemos debatir sobre a emerxencia climática e as súas devastadoras consecuencias na nosa vía cotiá no referente á vulneración dos dereitos humanos. Igualmente, poñeremos o foco na crecente criminalización que están a sufrir os activistas climáticos no noso país. Ana contaranos, de primeira man, o que supón sufrir a persecución legal polo feito de involucrarse en labores de divulgación.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario