“La Morocha”, o himno dunha fazaña histórica para o Pontevedra CF

O fito histórico do Pontevedra CF en Copa del Rey, e sobre todo as súas celebracións, non pasaron desapercibidas e chegaron ata Arxentina, facendo que o BIGSOUND Pontevedra acabe de confirmar a Luck Ra, autor da canción protagonista deste fito, «La Morocha»

BIGSOUND Pontevedra prepárase para marcar un fito na música urbana os días 11 e 12 de xullo de 2025 no Parque de Tafisa. Cun cartel que reúne ás maiores estrelas nacionais e internacionais do xénero, o festival promete converterse no evento musical máis importante do verán en Galicia. Tras triunfar en Valencia e Sevilla, BIGSOUND desembarca en Pontevedra cunha experiencia única que fusiona música, cultura e espectáculo.  

LUCK RA: FÚTBOL E MÚSICA UNIDOS  

BIGSOUND Pontevedra énchese de orgullo por anunciar a participación de Luck Ra, o cantante arxentino que marcou un antes e un despois na música e o fútbol. O seu éxito «La Morocha», unha cativadora fusión de cuarteto e trap, converteuse no himno non oficial da afección do Pontevedra CF durante a súa histórica actuación na Copa del Rey 2024-2025.  

O Pontevedra CF alcanzou os oitavos de final tras vencer a rivais de maior categoría como o Levante, o Villarreal e o Mallorca, levando a emoción dos seus triunfos a toda Galicia. Este mesmo mércores 15 de xaneiro terá lugar o histórico partido contra o Getafe para meterse en cuartos de final do torneo e agrandar máis o fito, onde «La Morocha» volverá a soar e será protagonista, sendo a banda sonora desta fazaña e unindo a xogadores e afeccionados nunha paixón compartida.   

 Este tema, que transcendeu o ámbito deportivo, vivirá o seu momento máis épico cando Luck Ra o interprete en vivo ante milleiros de seguidores en BIGSOUND Pontevedra, creando un recordo inesquecible para todos os asistentes.   

O arxentino é un dos artistas do momento. Fai escasas semanas protagonizou a Bizarrap Session 61, acumulando e só dúas semanas máis de 14 millóns de escoitas en Spotify e máis de 11 millóns de reproducións en YouTube. Dende o seu salto á fama o cantante está a colaborar con artistas internacionais da talla de Maluma, Chayanne ou Nicki Nicole. 

BIGSOUND PONTEVEDRA: UNHA CELEBRACIÓN ÚNICA DE MÚSICA E TALENTO  

O espectáculo non se detén con Luck Ra. BIGSOUND Pontevedra presenta un cartel estelar que reúne ás figuras máis destacadas do xénero urbano, combinando o mellor da vanguardia musical e as raíces culturales nun evento único.  

Entre os artistas confirmados, destacan Nicky Jam, coa súa única actuación en Galicia en 2025; Tanxugueiras, o grupo galego máis importante da actualidade; Juan Magán, pioneiro do electro-latino; e Cali y El Dandee, iconas internacionais. Tamén se suman talentos tan aclamados como Amaia, Omar Montes, Abraham Mateo, La Zowi, Ptazeta, Julieta, Depol, Marc Seguí e María Escarmiento.  

Un lineup que fusiona modernidade e autenticidade, consolidando a BIGSOUND Pontevedra como o evento musical imprescindible do verán.  

BIGSOUND: UNHA EXPERIENCIA MÁIS ALÓ DA MÚSICA  

Organizado por BS Entertainment e PlayPlan, en colaboración co Concello de Pontevedra, BIGSOUND é moito máis que un evento musical. O festival busca impulsar a economía, a cultura e a conexión social en Galicia, apostando por unha experiencia sostible, inclusiva e segura que celebra a diversidade e o talento artístico.  

ENTRADAS   

Non te quedes fora do evento do ano. Consegue os teus abonos xerais en bigsoundfestival.com.  

Comparte éste artículo
No hay comentarios