Día dos Océanos en Mar de Mares: Un canto á reivindicación e á cultura coa vista posta no III Foro Azul deste xoves

– No Día Mundial dos Océanos, Mar de Mares converteu A Coruña nun espazo de celebración, aprendizaxe e chamada á acción pola saúde mariña. A xornada arrancou cunha forte afluencia de público que encheu os espazos do festival, especialmente no Mercado de San Agustín e na Domus coa mellor selección internacional de filmes mariñeiros, o Ocean Film Fest.

A charla de Greenpeace sobre plásticos nos océanos puxo sobre a mesa datos alarmantes e propostas de acción, cun ton reivindicativo e claro. A continuación, a visita guiada á arquitectura do Mercado de San Agustín, da man do arquitecto Alberto Fuentes Valcárcel, espertou gran interese polo valor patrimonial do espazo. No ámbito literario, a presentación do libro Nao Cetácea de Xosé Iglesias foi un encontro íntimo e emocionante coa memoria mariñeira, combinando poesía, experiencia vital e defensa do mar. Ao longo da mañá, o mercado acolleu tamén concertos, degustacións, obradoiros ambientais e espazos participativos para todos os públicos.ESTA TARDE: CREACIÓN, TRADICIÓN E UN ENCONTRO COAS BALEAS

  • 16:00–18:00 h – Obradoiros
  • 18:00 hEncontro Inspirador: “Para que serve unha balea?”, co biólogo e divulgador Javier García Galdo en conversa con Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores. Un diálogo para entender o papel esencial das baleas nos ecosistemas mariños e nas culturas costeiras.
  • 19:00h – A mellor maneira de entender e gozar da ciencia, os divertidos monólogos de Big Van Ciencia na Domus. Os investigadores deste aloucado colectivo contarannos os segredos do mar da forma máis entretida

O QUE QUEDA POR VIVIR EN MAR DE MARES 2025

§ Martes 10 xuño – Visita á Torre de Control Marítimo
Un percorrido exclusivo para coñecer desde dentro como funciona a Capitanía Marítima e o Salvamento.

§ Xoves 12 xuño – III Foro Azul Mar de Mares (Cine Avenida)
Unha xornada de reflexión e propostas arredor da economía azul, innovación mariña, cultura pesqueira, xestión sostible e turismo responsable, coa participación de institucións públicas, empresas e voces clave do sector.

§ Venres 13 xuño – Inauguración da exposición “A auga da vida” do fotógrafo e biólogo mariño, Manu San Félix no Porto de Ferrol . Pola tarde “Un Mar de Preguntas”, no Museo de Historia Natural de Ferrol), terá lugar unhaconversación aberta co biólogo Javier García Galdo sobre as grandes dúbidas oceánicas, moderada por Xan Rodríguez Silvar.

§ Sábado 14 xuño – “Na procura do tesouro. Visita intermareal en familia”. Unha actividade para gozar en familia da man do Centro Oceanográfico da Coruña.

§ Domingo 15 xuño – VI Gran Limpeza de Fondos Mariños (Dársena da Mariña). A acción colectiva máis simbólica do festival. Mergulladores e voluntariado unirán forzas para retirar lixo mariño e visibilizar a importancia de coidar os fondos. Tamén gozaremos dos clásicos paseos pola cidade barco con Xurxo Souto.

Comparte éste artículo
No hay comentarios