Néstor Rego lembra que o BNG -co impulso da CIG- rexistrou unha Proposición de Lei “ambiciosa e valente” co obxectivo de “conquistar dereitos para a clase traballadora frente á explotación”.
Máis unha nova oportunidade na cámara baixa para tomar en consideración unha Lei que ten como obxectivo reducir a xornada laboral: “o futuro pasa polas 35 horas e avanzar cara a xornada de 32 horas en 4 días por semana”.
Avanzar para a unha distribución máis xusta do traballo, garantir a conciliación da vida laboral e persoal e aumentar a produtividade, sen reducir os salarios das traballadoras e traballadores: obxectivos da Proposición de Lei do BNG.
O BNG chama o resto de forzas políticas a “seren valentes e tomaren en consideración esta medida” que vai máis alá da proposta enunciada polo Goberno: “a xornada de 37,5 horas xa é xeral na Administración Pública (en moitos sectores mesmo 35 horas) e en moitas empresas. Agora é preciso avanzar para as 35”.
Esta medida suporía un avance social innegábel e contempla garantías para evitar o abuso de horas extraordinarias e mellorar a regulación do rexistro de xornada.