Adrián Ríos, novo xogador do Silva

Regresa tras un tempo afastado dos terreos de xogo.

A dirección deportiva e Adrian Rios Delicado (A Coruña, 27/04/2000) acadaron un acordo para a incorporación do futbolista, formando así parte do #SILVA2526.

O xogador, que ocupa a posición de porteiro, levou a cabo a súa meirande parte da súa traxectoria deportiva coa camisola da #FamiliaSilvista.

Chegado na temporada 2019/20, procedente do Victoria CF co que desenvolveu a súa etapa de fútbol formativo, acumulou un total de 8.554 minutos en 98 partidos, deles 95 de inicio. Permaneceu ata a temporada 2023/24, cando unha lesión cortoulle unha inmellorable dinámica.

Foto de portada: Silva SD

Comparte éste artículo
No hay comentarios