A Xunta apoia a XXXVII Festa do Cabalo de Maside como exemplo de dinamización rural

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu hoxe á XXXVII Festa do Cabalo Puzo do Lago, celebrada na paraxe natural de Puzo do Lago, no lugar de Negrelle.

Esta tradicional cita congrega en cada edición a milleiros de afeccionados e espectadores cun programa que inclúe diversas competicións, exhibicións equinas, rutas a cabalo e xantar popular.

A presenza institucional do conselleiro subliña o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa, que é un claro exemplo do dinamismo do rural galego. Ademais, pon en valor a capacidade económica e turística do sector cabalar para seguir xerando riqueza e atraendo poboación aos municipios rurais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios