Aparición simulada de bidóns radiactivos nunha praia de Vigo

Ecoloxistas en Acción simula a aparición de varios bidóns de residuos nucleares, semellantes aos que se tiraron na Fosa Atlántica, nunha praia da costa galega para chamar a atención sobre o problema ambiental que supón o amoreamento de 200 mil destes bidóns radioactivos diante da costa galega.

Con este simulacro, a organización ecoloxista demanda un peche ordenado das centrais nucleares. Deixar de producir residuos radioactivos e comezar a tratar o gran problema de xestionalos do modo menos daniño.

Este verán unha misión científica francesa localizou 3.350 bidóns de residuos nucleares que se tiraron na Fosa Atlántica, a pouco máis de 500 km da costa galega. Crese que a 4.000 km de profundidade hai moitos miles máis, e que a cantidade total pode chegar a uns 200.000. Oito países europeos desfixéronse de residuos nucleares de baixa e media actividade entre 1949 e 1982, ata que ecoloxistas galegos sacárono á luz pública en 1981, levando ata alí á prensa, e mesmo impedindo a vertedura de dous cargueiros holandeses.

Activistas de Ecoloxistas en Acción realizaron un simulacro de aparición de varios bidóns de residuos nucleares, dos que se tiraron na Fosa Atlántica, nunha praia da costa galega para chamar a atención sobre o problema ambiental que supón o amoreamento destes centos de miles de bidóns radioactivos diante da costa galega e a necesidade de deixar de empregar a enerxía nuclear.

Aínda que se declarou entón unha moratoria, ata 1993 non se prohibiu a escala internacional esta barbaridade. Con todo, actualmente estase vertiendo ao mar a auga radioactiva derivada da catástrofe nuclear de Fukushima. Xapón acumula máis de 1 millón de toneladas de auga radioactiva en depósitos que está vertiendo ao océano Pacífico desde 2023 e, se non se remedia, seguirá durante décadas.

Os residuos nucleares deben de manterse illados dos seres vivos durante períodos de séculos a centenares de miles de anos. Non existe unha solución que poida garantir ese illamento durante tanto tempo, sempre son un risco. Abandonalos no mar é unha completa irresponsabilidade, pero producilos tamén o é.

A maior parte dos residuos radioactivos débense a unha industria de xeración de electricidade, as centrais nucleares.  Nelas prodúcese o 90% do volume de residuos de baixa e media actividade e todos os de alta actividade.   En España, os primeiros están a levarse ao Cabril, un lugar afastado das centrais e próximo a unha zona natural protexida,  sen que nunca se consultou aos seus habitantes. Os residuos de maior radioactividade, o combustible nuclear gastado, quedarán durante décadas onde se xeraron, no emprazamento das centrais, pero é unha situación provisional.  Tense que atopar un lugar o máis estable xeológicamente que sexa posible para illalos baixo terra. E debe ser no territorio do Estado que os produciu.

É unha tarefa difícil de asumir para o conxunto da sociedade, pero sobre todo para os partidos políticos que prefiren deixarllo a “os que veñan despois”, e por iso esixen que as nucleares sigan funcionando sen trabas. Non lles preocupa que se aumente a cantidade de residuos a xestionar e o risco de accidentes pola idade das centrais.  Tampouco atenden a asegurar que as empresas nucleares acheguen suficiente diñeiro para a xestión dos seus residuos, por iso reclaman que se lles reduzan impostos.  É outra irresponsabilidade que ademais non ten nin sequera unha lóxica económica, pois é máis cara a electricidade nuclear que a de tecnoloxías renovables.

Hai que facer un peche ordenado das centrais nucleares. Un prazo de dez anos, ata 2035, é máis que suficiente para substituír a electricidade que están a achegar. Deixar de producir residuos radioactivos e comezar a tratar o gran problema de xestionalos do modo menos daniño posible debería ser a lección daquelas verteduras ao océano que hoxe nos parecen inaceptables, e cuxos danos durante moito tempo non  quixeron coñecerse.

Comparte éste artículo
No hay comentarios