O sábado 11 de outubro ás 11:00 h, sen necesidade de inscrición previa.
O Concello oferta unha nova visita guiada ao Castro de Montes Claros para animar á cidadanía a coñecer tanto o xacemento como os resultados dasescavacións arqueolóxicas realizadas nos últimos anos.
A cita será o próximo sábado, día 11 de outubro, ás 11:00 horas. Nesta ocasión non se require inscrición previa, a participación é gratuíta e o punto de encontro será a entrada principal ao propio castro.
O percorrido é apto para todos os públicos e será guiado por Puri Soto, directora do proxecto de posta en valor do xacemento.