A CGT A Coruña convoca xunto con outros sindicatos combativos e movementos sociais prol palestinos da cidade unha manifestación ás 19 horas desde a Delegación do Gobierno na Coruña.
A CGT convocou para o próximo 15 de outubro unha folga xeral de 24 horas no Estado español para redobrar a presión sobre os gobernos europeos que, a pesar das atrocidades que está a cometer Israel en Gaza —bombardeo de hospitais, escolas e campos de refuxiados, bloqueo da axuda humanitaria, asasinatos de nenas e nenos que buscan comida, desprazamentos forzosos, secuestro de cidadáns europeos en augas internacionais e un longo etcétera de crimes contra a humanidade—, seguen mantendo relacións diplomáticas, comerciais, militares, culturais e deportivas co Estado terrorista de Israel.
Só a presión social e as mobilizacións multitudinarias poden conseguir que se tomen medidas para frear o xenocidio, a ocupación ilegal dos territorios palestinos e o fin do apartheid.
Desde o sindicato sinalar que “as traballadoras e traballadores en todo o mundo demostramos estes anos a solidariedade co pobo palestino e seguirémolo facendo; por iso consideramos que é necesario paralo todo para parar o xenocidio; só así conseguiremos poñer fin á barbarie”.
A CGT A Coruña tamén participará na manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes ás 12 horas no Obelisco.
Desde o sindicato animan ás traballadoras da cidade para secundar a xornada de folga xeral de 24 horas e a participar na manifestación