PSdeG: Os Orzamentos da Xunta para 2026 son «unhas contas sen pulso para Galicia»

Os anuncios da Xunta de Galicia sobre os orzamentos de 2026 chegan sen documentación oficial nin entrega no Parlamento, polo que non estamos ante un proxecto real, senón ante unha serie de declaracións políticas.

Non é unha excepción: é un proceder que o goberno galego vén repetindo nos últimos anos, presentando os orzamentos primeiro nos medios e non nas institucións que deben debatelos e aprobalo. Trátase, así, dun exercicio continuado de desprezo ao Parlamento e aos procedementos democráticos básicos.

Ademais, mesmo segundo os datos difundidos pola propia Xunta, o incremento previsto do 2% sitúase por debaixo da inflación estimada (entre o 2,2% e o 2,5%) e do crecemento económico esperado. Isto tradúcese nunha perda real de capacidade orzamentaria, con menos marxe para salarios, investimentos e servizos públicos.

En resumo, estamos ante uns orzamentos que seguen o patrón habitual de opacidade e anuncio mediático, e que ademais implican unha perda de peso real no contexto económico galego.

Comparte éste artículo
No hay comentarios