A ‘V Andaina Chantada contra o cancro’ abre as inscricións

Como en anteriores edicións, realizarase dende Condado de Sequeiras e grazas á colaboración desta adega.

O vindeiro domingo 16 de novembro, as paisaxes da Ribeira Sacra chantadina acollerán unha nova edición da Andaina Solidaria “Chantada contra o Cancro”, unha cita xa consolidada no calendario local e galego que alcanza este ano a súa quinta edición.

A actividade, organizada pola asociación Chantada contra o Cancro, combina deporte, natureza e compromiso social, cun percorrido que se inicia dende a paraxe da AdegaCondado de Sequeiras. O obxectivo principal non é só a recadación de fondos, senón tamén promover unhapráctica saudable en contacto coa natureza, nun entorno de grande valor paisaxístico e case sanador como é a Ribeira Sacra. Ademais, trátase dunha actividade colectiva que favorece a convivencia e a creación de lazos entre as persoas, unindo a cidadanía arredor dunha causa comúncomo é a loita contra o cancro.

A andaina dará comezo ás 10:00 horas, coa saída de autobuses desde a Praza de Galicia a partir das 9:15 h. As inscricións poden realizarse a través de ccnorte.com ounos establecementos Mar e BellotaHotel Mogay e Número 13 de xeito presencial. Ambas modalidades están abertas ata o 13 de novembro, cun prezo simbólico de 5 euros.

O evento contará con tres percorridos adaptados a distintos niveis de dificultade:

• Ruta curta: 6 km (dificultade baixa)

• Ruta media: 10 km (dificultade media)

• Ruta longa: 20 km (dificultade alta)

Nas anteriores edicións, a cita reuniu participantes non sóde Chantada e da súa contorna, senón tamén doutrospuntos de Galicia, atraídos polo carácter solidario da iniciativa e pola singularidade paisaxística da zona.

Con esta quinta edición, a Andaina Solidaria “Chantada contra o Cancro” consolídase como unha proposta de referencia que combina a práctica deportiva, a posta en valor do territorio e a sensibilización social. Un exemplode participación cidadá e compromiso solidario.

Comparte éste artículo
No hay comentarios