Logo de coñecer a proposta de homenaxe ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, os representantes do Partido Popular da provincia de Lugo queren comunicar que:
PRIMEIRO.– Non asistiremos aos actos do Día do Veciño ante o conflicto que supuxo o nomeamento de Óscar Puente por parte da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a nosa oposición a que sexa premiado debido á súa nula xestión e implicación con Lugo e Galicia.
SEGUNDO.-Tal e como lle temos trasladado por carta o pasado mes de xuño coincidindo con outra visita súa á cidade, reiterámoslle os asuntos pendentes coa nosa provincia en materia de infraestruturas viarias e ferroviarias:
– A recuperación dos proxectos das variantes ferroviarias na liña Ourense Monforte-Lugo de Os Peares-Canaval e Rubián porque son imprescindibles para garantir que a provincia de Lugo dispoña de Alta Velocidade. LUGO QUERE TREN! LUGO QUERE ALTA VELOCIDADE!
– A mellora da liña ferroviaria Lugo – A Coruña e a súa integración no Corredor Atlántico de Mercancías, a conexión directa entre Lugo con Santiago e A Mariña por ferrocarril e o impulso da liña de FEVE.
– Restablecer o servizo dos cinco carrís da A-6 no viaduto do Castro porque Lugo continúa sen conexión directa por autovía coa Meseta máis de dous anos despois do seu colapso.
– Rematar a autovía a Santiago (A-54) e retomar a construcción da autovía a Ourense (A-56).
– Avanzar nos proxectos para a construción das autovías da Mariña (A-74) e Ponferrada-Monforte-Ourense (A-76).
– Mellorar a seguridade nas estradas nacionais e autovías da provincia que, en moitos casos, presentan un estado intransitable.
No se alarmen desde el PP de Lugo con estas cosas porque Vdes. cuando les toca gobernar ,hacen exactamente lo mismo.Recuerden el Plan Galicia que nunca se ha concluído ,siendo Lugo uno de los lugares que se lleva la peor parte ,sin haber cumplido aquel Plan Galicia ,pero desde el PP (Sr.Aznar) repartieron medallas como la Medalla de Isabel la Católica para el Alcalde de La Coruña Sr.Vazquez.Nadie (salvo Vdes.y su gobierno)sabe el mérito de tal alcalde para merecer esa distinción .La diferencia entre Vdes. y el partido rival es que Vds desde el PP ,dan medallas y homenajean a los de «la competencia»(PSOE) y los del PSOE solamente las conceden a los suyos.