Uns 300 estudantes de ESO asistiron hoxe na Delegación da Xunta á charla das xogadoras de voleibol Jessica e Lucy Akamere

por Jorge García

As xogadoras do Club de Voleibol Arenal Emevé Jessica e Lucy Akamere protagonizaron hoxe na Delegación Territorial da Xunta a segunda xornada do ciclo Luz ó Deporte 2024. A Fundación Breogán, co apoio do Goberno galego, organiza esta serie de charlas dirixidas a estudantes de Secundaria.

Á conferencia asistiron uns 300 estudantes de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e dos colexios Padres Franciscanos e Maristas A Inmaculada. As dúas irmás compartiron con eles experiencias vitais e falaron da súa traxectoria deportiva.

Lucy Akamere acaba de unirse ao club Emevé, no que xa militaba Jessica a tempada pasada. Entre os títulos acadados por esta última coa selección española sub-18 e sub-20 figuran os de campioa de España Junior nos anos 2023 e 2024; campioa do Western European Volleyball Zonal Association (WEVZA) no ano 2023 e clasificada para o campionato de Europa 2024.  A próxima charla está prevista para o 18 de novembro, coa intervención do capitán do Lugo Sala, Miguel Muñoz.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario