Presentación del documental de SOS Sanidade Pública en Sada

por Redacción A Coruña

Título: Documental «Destruír é o Plan». Preséntase o documental, con coloquio posterior

Autoría: Elaborado por SOS Sanidade Pública Galega

Data: 25/10/2024  

Hora: 19:30

Lugar: Sada, na Capela de San Roque (Praza de San Roque)

Coloquio: Presenta Rexina Basadre (médica de familia) e participan Juan Oliver (xornalista de Público) e Ramón Veras (médico de familia)

O documental describe a situación da sanidade pública galega. Pacientes, pais de familia, persoal sanitario, membros de organizacións cidadás, lideres veciñais,  xornalistas, lideres políticos, sindicalistas, cargos institucionais etc., informan e explican os problemas relacionados cos recortes e a estratexia de desmantelamento do Sistema Sanitario Público en Galicia, as súas consecuencias para a saúde da poboación e a reacción social e profesional para poñerlle freo.

Móstrase a gran mobilización social en defensa do dereito á saúde en diferentes localidades e as grandes manifestacións en defensa do dereito á saúde e a unha asistencia sanitaria pública de calidade.

Pretende informar sobre aspectos pouco coñecidos da situación, que intereses están detrás da  mesma e que actuacións e propostas se presentaron para remediala.

A finalidade última do documental é abrir un gran debate social e profesional que consiga frear a deterioración e desaparición dun dos piares do estado do benestar en Galicia e difundir as propostas das Plataformas SOS Sanidade Pública para poñer remedio á situación.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario