“Contigo Lugo” reflicte que “o PP está a carón da veciñanza, mentres PSOE e BNG se sitúan en fronte dela”

por Redacción Lugo

“Cumprimos un ano dende que lanzamos o boletín dixital “Contigo Lugo” para rendir contas do traballo que realizamos dende o Grupo Municipal e reforzar a conexión coa cidadanía”

Presentamos este boletín o día no que sabemos que o carril bici custou 144.000 € máis do que nos dixeron “estamos falando dunha infraestrutura que está nun estado deplorable, cos separadores  arrincados, coa pintura borrada e sen uso”.

https://www.ppdelugo.com/wp-content/uploads/2024/10/Contigo_Lugo_Outubro_.pdf

Por razóns coma estas votamos en contra da suba fiscal no concello de Lugo xa que consideramos que se enterrou diñeiro público en intervencións que non aportan ningún valor engadido aos lucenses, que non responden ás necesidades da veciñanza e que teñen  elevados custes de mantemento.

Non é de recibo que pidan un esforzo á veciñanza cando son incapaces de priorizar investimentos e só teñen diñeiro para actuacións de dubidosa utilidade (carril bici, edificio impulso verede ou caldas).

A voceira popular explicou que a presentación do boletín fíxose no Mercado de Quiroga Ballesteros, no centro de Lugo, unha zona onde volverán a sufrir nesta campaña de Nadal as consecuencias da mala planificación das obras do centro.

Dende aquí ratificamos o noso compromiso coas reivindicacións dos praceros indicando que “mentres uns intentan desprestixialos con cuestións tan sensibles como as relacionadas coa limpeza” en alusión ao conflito aberto co BNG con este colectivo.

Un tercer motivo polos que o Grupo Municipal escolleu esta ubicación para presentar este boletín é porque está a uns metros da Escola Municipal e Música, un servizo que a estas alturas do curso ainda non se puxo andar, o que manifesta as dificultades de xestión en áreas tan sensibles coma a da educación, (coma se pode ver no conflicto laboral e social da Gregorio Sanz).

Boletín “Contigo Lugo”

Neste boletín número catro mantemos as seccións fixas da tribuna de portada neste caso cunha reflexión da voceira popular sobre a política fiscal  que vai a aplicar o PSOE e o BNG de Lugo co voto en contra do Partido Popular. 

Tamén enumeramos diferentes cuestións que conseguimos grazas á coa colaboración da Xunta de Galicia con Lugo e entre outros logros destaca o inicio da obras da Xunta para a intermodal, a ampliación do parque empresarial das Gándaras, novas prazas para persoas maiores e investimentos para reforma da residencia das Gándaras e Milagrosa; apoio a proxectos sociais con o primerio centro de día especializado para persoas con transtorno do espectro autista, a elaboración dunha guía propia turíscia e o compromiso con diversas iniciativas para dinamizar o municipio.

As seccións de desmontando o PSOE e o BNG analizan diferentes exemplos que avalan que estamos diante dun goberno socialista que non escoita e que bloquea o presente e o futuro do concello  e dun BNG que se pón de perfil nos temas relevants para Lugo e que en vez de centrar o seu traballo en gobernar o que fai é oposición de forma constante.

No compromiso coa transparencia e coa didáctica á cidadania, o novo número de ‘Contigo Lugo’ tamén inclúe a sección ‘Sabías que’, na que se amosa o impacto económico das decisións de PSOE e BNG «con cifras que sexan doadas de entender para calquera», como subliñou Candia. Así, nesta edición ponse o foco sobre o custe diario das 13 xornadas nas que permaneceu aberta a rampa de baño habilitada polo goberno local ao remate deste verán no Miño. «Con independencia de que sexa unha alternativa que non está á altura do que merecemos, a veciñanza debe saber que cada día de uso desta plataforma custounos case 33.330 euros», destacou a voceira popular, quen tamén fixo fincapé que «esta cifra só ten en conta tres custes -traslado de mexillóns, estruturas e custes salariais asociados». Deste xeito, o importe subiría se tamén se incorporaran outros custes asociados, coma o aluguer da nave do Corgo no que se gardan o resto do ano.

Neste número non falta a galería de fotografías con imaxes dalgunhas visitas a barrios e parroquias e actos celebrados no último trimestre n acidade por parte dos edís populares. Na contraportada resérvase un espazo para o partido cunha reseña á intermodal na que se informa que se avanza que se levarán a cabo acción para reivindicar mellores infraestruturas para Lugo e para evitar que sexa unha das poucas capitais con 100.000 habitantes sen AVE.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario