Inés Rey reivindica o coñecemento científico como ferramenta progresista e de futuro

por Redacción A Coruña

“Desde as institucións públicas e museos temos a obriga de seguir apostando pola ciencia para loitar contra as pseudociencias, a pseudoinformación e as mensaxes negacionistas que fai que sociedade retroceda”.

A alcaldesa, Inés Rey, abriu esta mañá a XXIV reunión da Asociación de Museos y Centros de Ciencia y Técnica de España xunto con Luis Alcalá, presidente da Asociación de Museos de Ciencia e Técnica; Verónica Andrade, xerente de Relacións Institucionais de Hijos de Rivera e Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia.

Rey reivindicou o coñecemento científico como ferramenta progresista e de futuro: «Desde as institucións públicas e museos temos a obriga de seguir apostando pola ciencia para loitar contra as pseudociencias, a pseudoinformación e as mensaxes negacionistas que fai que sociedade retroceda».

Así mesmo, destacou A Coruña como cidade científica lembrando a referentes como Isabel Zendal, poñendo en valor o papel da muller no ámbito científico: «É importante reivindicar á muller científica por unha cuestión de pasado e de futuro, por aquelas que foron silenciadas pero tamén para espertar vocacións STEM na nenas de hoxe» sinalou.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario