A Deputación colabora coa Feira L de Lugo, con unha achega de 15.000 euros

por David Otos

A Deputación de Lugo e a Asociación de Distribuidores de Lugo, déronse a man cunha achega de 15.000 euros para que se celebrara o domingo e o luns, 27 e 28 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e na que participarán unhas 200 marcas. Pablo Rivera amosaba que, “Estamos ao carón dos distribuidores, xa que son unha actividade fundamental para dinamizar a economía, xerar emprego e poñer en valor un turismo de calidade e de experiencias polo que apostamos desde esta institución”,

Catro anos bastaron para que a Feira L de Lugo se convertera “nun dos eventos gastronómicos máis relevantes do noroeste peninsular” e felicitou a AdisLugo “por crear un evento único que exhibe a riqueza gastronómica da nosa provincia e o seu enorme potencial turístico”, engadiu o deputado.

Ademais de expositores, a cita contará con experiencias gastronómicas con produtos autóctonos da man de recoñecidos cociñeiros, catas coas últimas tendencias en coctalería e poderase desfrutar da elaboración do pan galego da man de mestres panadeiros. L de Lugo celebrarase en horario de 12:00 a 21:00 horas e as entradas pódense adquirir a partir de 20€ e os menores de 18 anos accederán de xeito gratuíto.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario