Desenvolveranse durante toda a mañá e incluirán varias mesas temáticas sobre a importancia que teñen o desfrute do tempo de ocio e a práctica deportiva para a saúde xeral, física e mental, dos enfermos renais crónicos.
O delegado da Xunta en Lugo destacou o importante labor que realiza Alcer para mellorar a calidade de vida e o benestar dos doentes e das súas familias. Subliñou que a Xunta colabora coa entidade na posta en marcha de distintas medidas, e froito da cooperación no ámbito sanitario veñen de elaborar conxuntamente unha guía para facilitar o proceso de asistencia integral e individualizada para cada paciente.