Os socialistas votarán en contra do incremento nos recibos do lixo, da auga, do IBI industrial, e do abono das piscinas.
O grupo municipal socialista anuncia que votará en contra das propostas que o goberno local leva ao pleno deste mes para subir o recibo da reci¡ollida do lixo, do subministro de auga, do IBI industrial ou das piscinas e denuncia o “sablazo” que supoñen para a veciñanza de Arteixo.
Martín Seco, portavoz do grupo socialista, explica que o Partido Popular leva ao pleno unha suba do recibo do lixo dun 28% para 2025. Un aumento derivado da suba dos custes de SOGAMA por parte da Xunta de Galicia “que decidiu deixar de subvencionar aos concellos e non soubo adaptarse a tempo as normativas europeas” e que os socialistas xa denunciaron no pleno anterior.
Ademáis, Seco explica que o incremento no recibo da auga será dun 5%, “superior a IPC que se situaba nun 3% e pese a promesa de Calvelo que coa municipalización do servizo saerían beneficiados os bolsillos da cidadanía de Arteixo”.
O portavoz socialista tamén denuncia que o PP aprobará unha suba do tipo que se aplica ao IBI das industrias, que pasará do 0,40% ao 0,55%, un incremento do 15% que será aplicado ao 10% dos inmobles industriais de maior valor catastral; e que tamén sube máis dun 3% o prezo que van ter que pagar as persoas usuarias das piscinas municipais.
Por outra banda, o concello de Arteixo asumirá o pago de 991.000 euros, para saldar a débeda de Augarsa que deixa o remanente de tesorería “prácticamente a 0 nun concello que ten case 70 millóns de euros de orzamento” según Seco. “Un orzamento que o goberno de Carlos Calvelo gasta sen planificación nin xestión, polo que lle pedimos ao alcalde que deixe de meter a man no bolsillo de todos os cidandáns e cidadás de Arteixo”