ABANCA activa medidas de apoio ás persoas damnificadas pola DANA

por 21 Noticias

ABANCA quere trasladar a súa solidariedade a todas as persoas damnificadas polos devastadores efectos da DANA, ademais de mostrar o seu apoio aos servizos de emerxencia e voluntarios que traballan para axudar aos afectados. Desde o primeiro momento, os equipos de ABANCA nas zonas afectadas están en contacto con clientes, empresas e persoas damnificadas para ofrecer toda a axuda que precisen.

A entidade financeira puxo en marcha diferentes iniciativas de apoio como habilitar unha liña de financiamento de ata 150 millóns para atender a clientes e empresas polos danos ocasionados, especialmente no sector agro da Comunidade Valenciana, Murcia e Andalucía oriental.

Ademais, desde ABANCA Seguros está a darse prioridade aos sinistros ocasionados polos danos causados e habilitouse unha liña de atención telefónica 900 815 140 para que todas as persoas poidan ser atendidas o máis axiña posible.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario