O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou o Lar Albergue Larouco e a Reitoral de Seadur

por Redacción Galicia

Durante as visitas, o director de Turismo de Galicia salientou a proximidade dos establecementos co Camiño de Inverno, reforzando tamén a oferta hoteleira nesta ruta.  Neste sentido, destacou que é un dos itinerarios que máis están medrado no que vai de ano, rexistrando un incremento de peregrinos do 44%,.

Xosé Merelles visitou o novo albergue municipal de Larouco que ocupa a antiga casa reitoral datada de 1888. O establecemento, cunha oferta de 16 prazas, conta ademais con recepción, lavandería, sala de estar, terraza e cociña que se reparten ao longo de 170 m2 de superficie. Turismo de Galicia contribuíu con 30.000 euros á execución desta  actuación. Pola súa banda, a Reitoral de Seadur suma un total de 23 prazas de aloxamento.

Puxo de manifesto o atractivo turístico da comarca de Valdeorras onde, como dixo, tamén se vén de licitar o proxecto de rehabilitación paisaxística das antigas escolas do Concello de Larouco por máis de 120.000 euros e para a que as empresas poden presentar os seus proxectos ata o 20 de novembro.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario