CCOO: «A morte dos servizos públicos por inanición no Concello de Lugo»

por Redacción Lugo

As augas baixan revoltas entre os socios do Goberno Municipal Progresista-Nacionalista, co desmantelamento de servizos municipais para ofertarllos a empresas privadas, o que supón
un aumento no gasto que terá que ser sufragado polo peto de todos os lucenses, vía impostos.

O Concello aprobou a contratación dun servizo especializado para a reparación de avarías e apoio na rede de abastecemento e saneamento de auga, cun orzamento de 423.500 euros anuais, que permitirá optimizar o mantemento destas infraestruturas esenciais.

CCOO fai súas as palabras do BNG de Barreiros no ano 2018 e de deputados do PSOE que manifestaban a súa oposición á privatización de servizos municipais!!!

Hoxe na Xunta de Goberno Local o Goberno Municipal Progresista-Nacionalista «vén a confirmar que o goberno o único interese que ten é que cada vez haxa máis servizos prestados por empresas privadas». Estamos a falar de máis de 423.500 euros anuais que, ben xestionados, en persoal municipal dan para contar cunha brigada municipal importante e que podería realizar eses traballos» como de feito viñeron facendo dende fai anos. Así era ata que hai uns anos comezaron a encargarse actuacións a operarios alleos ao Concello”

«O grupo municipal nacionalista advirte de que este cambio na xestión “non redundou nun mellor funcionamento. Ao contrario, o abastecemento de auga empeorou e o custe foi considerablemente superior“Estas son as verbas da Candidata do BNG Ana Hermida nas eleccións municipais de 2018 ó Concello de Barreiros.

«Cuando se privatizan servicios, de lo que estamos hablando es de servicios de peor calidad, de servicios que suponen un cargo adicional en cuanto a impuestos se refiere y también de que el empleo que se crea es de mala calidad y con salarios miserables» PSOE Málaga

Máis privatización é igual a máis suba de impostos á cidadanía para pagar contratos ás empresas

Estamos ante un proceso de privatización e desmantelamento do público a nivel municipal. En CCOO preocúpanos profundamente que se use a escusa de buscar unha xestión máis sostible e eficiente para encubrir un proceso de privatización dun servizo esencial para a cidadanía, coa consabida degradación de infraestuturas, incremento das tarifas e a redución na calidade do servizo.

CCOO esixe a NEGOCIACIÓN da modificación da RPT, para neste caso, reclasificar e dotar á Brigada de Augas de turnos con noites e fins de semana, como teñen outros colectivos como a Policía Local ou Bombeiros. Deste xeito o aforro sería 300.000 € para as arcas municipais e a eficiencia e a eficacia quedaría garantida.
Estes traballadores levan reclamando xudicialmente dende fai anos os abonos salariais que por unha decisión política deixaron de aboarlles.

Non podemos permitir que Lugo siga o camiño neoliberal ó máis estilo AYUSO. É responsabilidade do @concellodelugo protexer os intereses da cidadanía e garantir que a auga, un ben común e esencial, sexa sempre de xestión pública.

Seguimos na loita… contra o Goberno Municipal máis neoliberal !!!

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario