Do 5 de novembro de 2024 a 8 de xaneiro de 2025 pode visitarse a mostra “Fronte a min” no ESPACIO DE ARTE de Roberto Verino da planta baixa da tenda da Rúa do Paseo en Ourense
O martes 5 de novembro ás 19 horas terá lugar a inauguración de “Fronte a min”, a mostra fotográfica de Ofelia Cardo que o Espazo de Arte de Roberto Verino acollerá ata o 8 de xaneiro.
O Curador Xosé Lois Vázquez di ao respecto desta exposición: << Non hai inocencia. Nin excusa. Temos todo aí, se queremos «coñecer»; toda a sabiduría da especie ao noso alcance para avanzar por sendas máis apacibles e prometedoras. Xustas, humanas, gozando do noso contorno social e tamén o patrimonial: tanto o natural vivo como o xeolóxico; o inmaterial como o construído.
Ofelia cuestiónase, e cuestiónanos, nada máis e nada menos que sobre o ser humano posto en contexto: cada ser arrastra unha liña de vida que elabora permanentemente en relación co resto dos se- res que o rodean e coa contorna natural.
E elixe nesta exposición, un acento preciso: o da Natureza que como unha losa, golpéanos coa mesma forza coa que a agredemos. Deféndese? Ou será que nos eliminamos nós a nós mesmos mediante o Sistema de interacción que temos xerado durante milenios? Sistema depredador e sen piedade que entre todas e todos toleramos, soportamos, aceptamos… >>.
Sobre o Tránsito << Este espazo expositivo funciona coma unha furna/universo que contén, entre dous retratos opostos certos «sinais» da hecatombe -máis tarde falaranos o segundo retrato-. Transitamos dende a instalación Poda y doma que mostra unha colección de operacións de domininación sobre a natureza que reconvirte as árbores, elemento fundamental da mesma, en escul- turas vivas postas en exposición coma se dun ordeado, metódico e despregado dosier forense se tratase: mera testemuña do acontecido; acaso un catálogo de mutilacións?
Do estaticismo que emana a instalación anterior, pasamos ao fluír na moi inquietante Mancha que se extiende. O evidente simbolismo parecería non necesitar texto. Pero hai máis: o «fluído» domina o «pétreo», o líquido informe dá visualmente forma ao soporte; o paradoxo é que, en realidade, son imaxes de esperanza: están invertidas as «potencias» de cada materia, de tal forma que a «débil» ou «informe» imponse sobre a «poderosa» e «constituída».
Todas as operacións que realiza Ofelia en Fronte a min conteñen, de entrada, esta dobre advertencia: primeira, o ético non necesariamente casa coa beleza canónica; e segunda, todo ten significados máis aló da mera apariencia.
É dicir, fotografía en estado puro: o que ves, pode non ser>>.
Xosé Lois Vázquez reflexiona sobre A Árbore << Domesticar, Cuerpo precario ou Árbol caído son estados diferentes de alteración física imposta, alteración conceptual e documentación intervida dun «accidente», respectivamente, aos que están sometidas árbores diferentes que representan outros tantos iconos da Natureza. En todas estas operacións viólase o estado esencial «árbore». Portar a «máquina» que te tortura, invertirte para dotarte de antropomorfismo ou segmentar, e polo tanto multiplicar, a exposición do teu estado «accidentado», son outras tantas operacións que executan algunhas persoas sobre centos de miles de seres humanos física e simbolicamente; por exemplo, nos «Campos» nazis ou nas minas actuais; sobre as mulleres, as persoas non heterosexuais ou con corpos non normativos; no documentalismo de guerras, catástrofes, «voyeurismo»…
Estas fotografías estannos a falar do pasado, dos errores e horrores, das alteracións perversas do fluír Natural, da carga das equivocacións. Da violencia inherente ás accións humanas >>.
Bio Ofelia Cardo
Nada en Valencia en 1967, Ofelia Cardo fixo estudos de Bellas Artes nas universidades de Valencia e Pontevedra. É profesora na EASD, Escola de Arte Superior e Deseño, Antonio Faílde de Ourense. Obtivo a beca 12miradas:Riverside, Taller con Joan Fontcuberta. Biennal de Mislata Miquel Navarro 2018, Pre- mis d´Art Públic. Mislata, Valencia.
Realizou diferentes exposicións individuais como: Faltarme suelo, CEART, Fuenlabrada, iMadrid, 2024 Dar alento, Deputación de Pontevedra, sede Vigo, 2023. Llorar la pena, Mur Marginal, Ourense, 2022 Olvidar hasta desvanecer, Red Museística de Lugo, 2019. Faltarme suelo, Librería Contrabandos, Madrid, 2018. Lastrar los ojos, Fundación Antonio Pérez, Cuenca, 2017. Soplo roto, Take Away Contemporany Art, Peñiscola, Castellón, 2015. A un lado e a outro, Museo Municipal de Ourense, 2013. Cuerpo domado, Centro Cultural Diputación de Ourense, 2009. Mostra joves creadors de L‘horta, Quart de Poblet, Valencia, 2001, El árbol caído, Centro cultural de Mislata, Valencia 2000, Vegetando, Librería Eixo. Ourense, 2000.
Entre as exposicións colectivas destaca: Aoutorretrato, Centro Cultural Marcos Valcarcel, 2018, Fondos. Colección Permanen- te. Museo de Fotografía. Huete, 2017. XV Bienal Internacional de Arte, Vila Nova de Cerveira, Portugal, 2009, Cociñarte Casa da Xuventude, Ourense, 2009. Zona de Exclusión, Vila Nova de Cerveira y Oporto, Portugal, 2004, 3rd Internationl Student Trie- nal, Estambul, Turquía, 2003. Prefijo 96, Galería Edgar Neville, Alfafar, Valencia, 1994.