O PP denuncia que o bipartito non se preocupou dos centros educativos ata que o PP fixo públicas as deficiencias de mantemento

por Redacción Lugo

Javier Vázquez: “É inaceptable que o Bloque empece a preocuparse polo estado de conservación dos centros escolares en Novembro”

  • Os populares amosan a súa sorpresa ante o anuncio de que o concello destinará 100.000 euros a traballos de conservación en centros educativos da cidade o mesmo día en que piden ás equipas directivas dos centros que comuniquen as necesidades urxentes das comunidades escolares: “Cómo saben o que van precisar investir se aínda non saben o que teñen que solucionar?”, pregúntase o concelleiro Javier Vázquez.  
  • O concelleiro tamén lembrou que o lóxico sería ter convocado esta reunión do Consello Escolar a finais do curso pasado, para poder facer os investimentos precisos nos meses estivais e comezar o curso en Setembro coas deficiencias dos centros solucionadas.
  • Para o PP, o bipartito soamente está tentando tapar as múltiples deficiencias na súa xestión da área de Educación, que acumula todo tipo de problemas e incidencias (dende a EI Gregorio Sanz ata a Escola de Música) o que tamén ten o seu reflexo na lentitude e desidia coa que afrontan as súas obrigas no que respecta ao mantemento das instalacións dos centros educativos.
  • Para o concelleiro Javier Vázquez, que o bipartito pretenda culpar á Xunta de Galicia da incapacidade amosada para asumir as súas responsabilidades coma gobernantes da cidade só é outro exemplo máis de que este é un goberno esgotado ata para atopar escusas.
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario