O equipo coruñés disputará un partido internacional na casa.
As Brigantias Roller Derby A Coruña retomaron os adestramentos o pasado mes de septembro. O equipo da cidade herculina viaxou a Francia, á localidade de Nantes, o mes pasado, para enfrontarse ao conxunto local, Les Divines Machines, que se impuxeron no encontro.
O sábado 16 de novembro, As Brigantias volverán a xogar na casa, onde serán as anfitrioas doutro equipo internacional: London Roller Derby Batter C Power. O encontro celebrarase no reformado polideportivo de Monte das Moas (Rúa José María Hernansáez, 13) ás 17:30. A entrada é gratuíta.
As Brigantias Roller Derby non só están centradas en adestrar para este partido, senón que tamén buscan recrutar xogadoras e árbitros para este deporte.
Para máis información, o equipo dispón de redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) e da páxina web www.brigantias.co
ACERCA DE AS BRIGANTIAS
As Brigantias RD é un equipo de Roller Derby da Coruña que nace en 2012. Actualmente, está recoñecido como un dos catro equipos oficiais de España pola WFTDA (Women’s Flat Track Derby Association).