A Xunta habilita a opción da autocita para que as embarazadas escollan cando vacinarse da gripe e da covid

por Redacción Galicia

Esta opción tamén está activa para as persoas con patoloxías crónicaa e en situación de inmunosupresión, os traballadores de servizos esenciais e os convivientes de persoas de alto risco

A Xunta vén de habilitar a opción de autocita para vacinarse da gripe e da covid en grandes recintos a aquelas persoas con patoloxías crónicas e en situación de inmunosupresión, ás mulleres embarazadas, aos traballadores dos servizos esenciais, persoal de centros sanitarios e sociosanitarios que estean pendentes de vacinar e aos convivientes de persoas pertencentes aos grupos de alto risco.

Deste xeito, desde a xornada deste xoves as persoas que pertenzan a estes grupos de poboación e con idades comprendidas entre os 12 e os 59 anos, poderán solicitar a súa cita a través da web do Sergas (É-saúde) ou da Aplicación Sergas Móbil.

Nestes grupos inclúense as persoas que padecen diabetes, obesidade, enfermidades cardiovasculares, enfermidade renal e hepática; profesionais das forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, protección civil etc.; embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres durante o puerperio (até 6 meses do postparto); e os convivientes de persoas pertencentes aos grupos de alto risco.

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, tamén continúa a citar as persoas do grupo etario entre 60-69 anos, que comezarán a ser convocados a partir do día 21. Neste caso, as citas realízanse de maior a menor idade.

Até o de agora, un total de 419.205 galegos e galegas xa se vacinaron da gripe na actual campaña de inmunización.

No seguinte cadro, recóllense os horarios e lugares de vacinación habilitados pola Xunta de Galicia:

LUGARPUNTO DE VACINACIÓNAPERTURA
 DÍASHORARIO
A Coruña Expocoruña- IFECODe luns a sábado9-14 h e 15-20 h
 Cee Hospital Virxe Xunqueira de CeeDe luns a venres15,30-21 h
Sábados9-14h e 15-20h
FerrolFIMODe luns a sábado9- 14 h e 15,30-21 h
SantiagoCidade da CulturaDe luns a sábado9-14 h e 15,30- 21 h
 Ribeira Hospital do BarbanzaDe luns a venres15,30- 21 h
SábadosDe 9 -14,30h
LugoHospital Lucus AugustiDe luns a sábado8,30-14h e 15,30-19,30 h
MonforteAnexo IES Río CabeDe luns a sábado8,30-14 h e 15,30-19,30 h
BurelaHospital Público da MariñaDe luns a sábado8,30-14 h e 15,30-19,30 h
 OurenseRecinto feiral Expourense  De luns a sábado9-14,30h e 15,30-21h
Os días 15, 16, 22 e 23 de novembro vacinarase no CHUO
VerínHospital de VerínDe luns a sábado9-14,30 h
O BarcoHospital de ValdeorrasDe luns a sábado9-14,30 h
PontevedraEdificio Xunta CampolongoDe luns a sábado8,45-14 h e 15,30-20,45 h
VilagarcíaHospital do SalnésDe luns a sábado9-13,30 h e 15,30-20 h
VigoRecinto feiral IFEVIDe luns a sábado8,30-14h e 15,30-21 h
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario