A Xunta pon en valor a ‘Estratexia de seguridade e saúde no traballo horizonte 2027’ ante novos retos para o mercado laboral como a intelixencia artificial

por Redacción Galicia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Vigo na inauguración do 8º Congreso sobre prevención e seguridade industrial 4.0 titulado Humanos e intelixencia artificial: compañeiros ou competidores no traballo? Alí, Fernández destacou os relatorios previstos arredor do impacto da intelixencia artificial no eido da prevención de riscos laborais, abordando as novas concepcións de talento ou de liderado e a convivencia coas diferentes tecnoloxías, e poñendo de relevo a adaptación a estes novos escenarios que supón a Estratexia de seguridade e saúde no traballo de Galicia horizonte 2027.

Así, a folla de ruta da Xunta consensuada cos axentes implicados -segundo explicou- senta as bases para crear contornas de traballo seguras, saudables e sustentables, avogando por situar como valores fundamentais a saúde integral das persoas traballadoras, o crecemento económico e social das empresas e organizacións e o benestar laboral. En relación á temática abordada hoxe, sinalou que a Estratexia dá resposta a un contexto laboral en permanente transformación, perseguindo facer fronte aos riscos derivados das novas formas de traballo e adaptando a xestión preventiva ao uso das novas tecnoloxías como a intelixencia artificial, a Internet das cousas, os robots colaborativos ou as plataformas dixitais de traballo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario