Os bombeiros relataron as actuacións sobre o terreo durante sete días de intenso traballo e a dureza das testemuñas afectadas pola DINA que foron atopando durante as súas intervencións: “Unha parte de nós quedou alí, volveriamos cen veces máis”.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu a unha representación dos bombeiros do Consorcio Provincial que se desprazaron durante unha semana a Valencia para colaborar nas actuacións de emerxencia tralos efectos da DINA en poboacións como Alfafar ou Paiporta. Menor agradeceu a “solidariedade e voluntariedade” destes efectivos, un agradecemento que estendeu aos outros equipos do Consorcio que xa estaban preparados para darlles o relevo e que finalmente, tras varias reunións cos dispositivos de emerxencia e coas autoridades valencianas, non foi preciso mobilizar.
Ademais dos efectivos desprazados a Valencia, na recepción taménestiveron presentes o deputado de Emerxencias, Plácido Álvarez; o xefeda área de Emerxencias do Consorcio, José Ramón Sánchez; Adamantino Barreiro, secretario do Consorcio; Celso Conde, xerente do Consorcio; Santiago Álvarez, xefe do parque de A Limia e Fernando Blanco, xefe do parque de Valdeorras.
Menor reiterou o seu agradecemento aos bombeiros dende a Deputaciónde Ourense, sinalando a “importancia da rapidez e profesionalidade” coa que traballaron no Consorcio Provincial, coordinados en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).
“Unha parte de nós quedou en Valencia”
Os bombeiros relataron as actuacións que realizaron na zona cero da DINA, dende achiques en garaxes e casas ata limpeza en vías e retirada de enseres nas vivendas. “Foron días bastante duros, porque una cousaé velo na tele e outra en persoa”, relataba un dos efectivos, que contouque moitos veciños afectados acudían a eles “con lágrimas nos ollos” para solicitarlles a súa axuda. “Unha parte de nós quedou en Valencia”, sinalaron os efectivos.
Os bombeiros que acudiron á recepción subliñaron a voluntariedade do resto de compañeiros do Consorcio, sinalando que “calquera de nóspuido estar alí, tocounos a nós”.
Trala experiencia nas localidades máis afectadas polo desastre, os bombeiros explicaron que “volveríamos cen veces máis se fai falta” e desexaron aos afectados que poidan recuperar pronto as súas vidas antes de que a DINA arrasase con todo.
Medios enviados polo goberno provincial
No acto, o presidente provincial apuntou que a traxedia de Valencia visibilizou a necesidade dunha lei de emerxencias nacional para actuar ante acontecementos desta magnitude.
Ao rematar o encontro, Menor fíxolle entrega aos bombeiros dunhasmochilas para roupa deportiva.
A Deputación de Ourense, a través do Consorcio Provincial, enviou a Valencia dúas dotacións de seis profesionais, con amplos equipos: dousvehículos 4×4, equipos de iluminación autónomos, equipos de excarcelación, electrobombas de achique, materiais para uso limpezaviaria, equipos de protección individual ou vadeadores.