A Deputación da Coruña aproba uns Orzamentos de 240 millóns de euros cun “investimento récord” nos concellos

Formoso afirma que “por primeira vez na historia, a Deputación da Coruña investirá máis fondos directos nos concellos da provincia que a Xunta de Galicia en todos os concellos da comunidade”.

A Deputación da Coruña celebrou hoxe venres sesión plenaria extraordinaria na que se aprobaron dous importantes asuntos: as achegas adicionais 2 e 3 do Plan Único (POS+2024), aprobadas por unanimidade, que pechan este ano cun investimento total de 100,5 millóns de euros e 508 obras aprobadas nos concellos coruñeses e o Orzamento 2025 da institución provincial, que contou cos votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular. 

O Orzamento da Deputación da Coruña para o vindeiro ano ano ascende a 240,5 millóns de euros (+8,26%) e que terá como prioridades o financiamento de obras e servizos nos municipios, a creación de emprego e as políticas sociais. 

O presidente, Valentín González Formoso, destacou no pleno que “se trata do orzamento máis alto da historia da Deputación”, que contempla “un investimento récord nos concellos”, ata o punto de que “por primeira vez na historia, a Deputación da Coruña investirá máis fondos directos nos concellos da provincia que a Xunta de Galicia a todos os concellos da comunidade”. 

Un aspecto no que incidiu tamén o deputado de Economía, Facenda e Avance Dixital, José Ramón Rioboo, que explicou as liñas prinicipais do Orzamento, que destina un 44% do total (105.399.793 euros) a transferencias directas aos municipios que estarán dispoñibles a partir do 1 de xaneiro a través do Plan Único, que incrementa a súa dotación inicial de 50 a 86 millóns de euros (+72%) e o anticipo das subvencións dirixidas aos concellos, que suman 19,4 millóns de euros e suporán a creación de 1.600 empregos directos para mellorar os servizos municipais.

Os voceiros de PSOE e BNG lamentaron que o PP vote en contra do orzamento que contempla o maior investimento da Deputación nos concellos e sinalaron que emprego, política social ou cultura serán tamén eixos estratéxicos do Orzamento 2025 da Deputación da Coruña, segundo explicou Rioboo.

No eido social, o orzamento sobe un 14% ata alcanzar os 33.652.287 euros. “Unha parte importante deste incremento irá a financiar a suba da achega para Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que a Deputación elevou de 12 a 14 euros a hora, atendendo así unha das demandas das traballadoras e dos concellos”, afirmou o Rioboo, que  explicou tamén que a Deputación da Coruña destinará en 2025 máis de 30,2 millóns de euros a creación de emprego e apoio aos sectores produtivos. Algo máis da metade destes fondos (16,2 millóns) serán para o Plan de Emprego Local (PEL), que volverá contar con liñas de axudas para contratación de persoal, fomento do emprendemento e apoio a pequenas empresas e autónomos da provincia.

A portavoz do BNG, Avia Veira, destacou tamén importancia de que as achegas aos concellos supoñan o 44% do orzamento e incidiu  na “aposta política da Deputación por levar a cultura a todos os recunchos da provincia”, así como o apoio á lingua galega e a conservación do patriomonio.

O deputado de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, destacou que “segue habendo un déficit moi grande no investimento en vías provinciais”, máis de 2.000 quilómetros de estradas que precisan “melloras importantes” segundo o deputado.

O portavoz do PP, Evaristo Ben, considerou este “un orzamento máis”, insistiu en que “gobernar é priorizar” e considerou a Deputación “delega a gobernanza nos concellos”. Ben preguntouse se as numerosas transferencias económicas aos concellos, que suman máis de 105 millóns no orzamento inicial, “contribúen ao equilibrio territorial e á mellora de servizos básicos”.  

100 millóns e 508 obras 

Coas derradeiras achegas do Plan Único aprobadas definitivamente no pleno de hoxe, o POS+2024 da Deputación da Coruña pecha o ano con 100,5 millóns de euros investidos nos 93 concellos coruñeses, o que o sitúa de novo como o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, con achegas económicas aos municipios que se dsitribúen en base a criterios obxectivos e representan case a metade do orzamento inicial da Deputación da Coruña. 

Un claro exemplo da inxección económica que supón o POS+ para os concellos coruñeses son as 508 obras aprobadas no marco do plan durante 2024, boa parte delas no pleno de hoxe, que supoñen un investimento total de 59.904.080 de fondos provinciais (preto do 60% do total do POS+2024) aos que se suman outros 2,7 millóns de fondos municipais complementarios.

Outros 40,6 millóns foron destinados polos concellos a financiar gastos correntes que melloran servizos públicos municipais como alumeado público, limpeza viaria, recollida de lixo ou mantemento de espazos públicos, reducción de débeda e investimentos e programas de carácter social destinados á protección dos colectivos máis vulnerables.

Por comarcas, destaca a de Compostela con 151 obras aprobadas e 30 millóns de investimento, seguida da de Ferrolterra, Eume e Ortegal  con 107 obras e 19,4 millóns, A Coruña con 98 obras e 21,1 millóns, Bergantiños-Costa da Morte con 16,8 millóns e un total de 86 obras e Barbanza, con 13 millóns e 77 obras aprobadas.

Por tipoloxía, as pavimentacións, humanziación de rúas, espazos públicos e núcleos rurais, construcción e mellora de beirarrúas, obras na rede viaria e de ordenación do tráfico e alumeado suman a maioría das obras, cun total de 404; as de saneamento e abastecemento de auga suman 30, mentres que as melloras en instalacións deportivas, culturais e centros docentes suman 25. As obras en centros sociais, veciñais e de usos múltiples suman 17, mentres que as de mellora de parques públicos serán 7. Tres concellos optaron por destinar parte dos fondos a melloras de dependencias municipais ou adquisición de equipamento informático.

PLAN ÚNICO 2024

RESUMO DE INVESTIMENTO E OBRAS POR CONCELLOS 

Plan Único 2025
Comarca da Coruña
ConcelloTotal POS+Núm. obras
Abegondo1.064.661,217
Aranga812.246,683
Arteixo2.335.384,842
Bergondo748.798,784
Betanzos929.365,365
Cambre2.107.282,2213
Carral950.848,688
Coirós463.260,355
Coruña, A453.007,243
Culleredo2.058.880,726
Curtis878.901,445
Irixoa577.583,424
Miño721.512,703
Oleiros2.159.039,154
Oza-Cesuras1.464.198,058
Paderne695.277,824
Sada1.274.822,694
Sobrado877.051,757
Vilasantar553.153,543
TOTAL21.125.276,6498
Plan Único 2024
Comarca Ferrolterra-Ortegal
ConcelloTotal POS+Núm. obras
Ares637.761,956
Cabanas585.131,535
Capela, A474.674,323
Cariño673.688,393
Cedeira905.250,713
Cerdido445.858,746
Fene957.674,204
Ferrol1.091.623,2410
Mañón637.223,006
Moeche472.873,174
Monfero1.041.022,773
Mugardos645.026,405
Narón2.299.738,667
Neda525.073,473
Ortigueira2.349.536,3814
Pontedeume751.067,704
Pontes de Gª Rodríguez, As2.200.010,647
San Sadurniño778.246,235
Somozas, As645.734,603
Valdoviño930.659,773
Vilarmaior406.781,933
TOTAL19.454.657,80107
Plan Único 2024
Comarca de Santiago
ConcelloTotal POS+Núm. obras
Ames2.213.223,8011
Arzúa1.598.750,088
Baña, A910.351,625
Boimorto756.342,113
Boqueixón862.978,854
Brión950.952,455
Dodro488.058,795
Frades769.720,843
Melide1.451.388,494
Mesía862.296,708
Negreira1.178.258,364
Ordes1.562.033,784
Oroso1.140.106,844
Padrón866.193,638
Pino, O1.175.254,737
Rois911.285,024
Santa Comba2.356.141,188
Santiago de Compostela2.239.141,924
Santiso740.244,7711
Teo1.517.149,893
Toques661.812,056
Tordoia939.617,524
Touro1.076.400,1911
Trazo910.935,323
Val do Dubra1.142.486,3911
Vedra765.538,253
TOTAL30.046.663,57151
Plan Único 2024
Comarca de Bergantiños-Costa da Morte
ConcelloTotal POS+Núm. obras
Cabana de Bergantiños890.741,803
Camariñas664.098,732
Carballo2.602.343,255
Cee818.878,614
Cerceda1.022.322,4911
Corcubión271.695,053
Coristanco1.685.054,399
Dumbría923.183,854
Fisterra529.099,815
Laxe533.380,084
Laracha, A1.437.280,939
Malpica de Bergantiños784.380,145
Muxía1.085.486,426
Ponteceso984.183,675
Vimianzo1.433.220,768
Zas1.132.600,203
TOTAL16.797.950,1886
Plan Único 2024
Comarca do Barbanza
ConcelloTotal POS+Núm. obras
Boiro1.484.606,994
Carnota687.413,715
Lousame764.294,396
Mazaricos1.263.986,143
Muros939.118,732
Noia1.018.559,294
Outes975.947,957
Pobra do Caramiñal, A1.633.069,7714
Porto do Son1.391.107,906
Rianxo1.120.240,216
Ribeira1.797.106,739
TOTAL13.075.451,8166
Cadro resumo Plan Único /2024
   
ComarcasTotal POS+Núm. obras
Comarca da Coruña21.125.276,6498
Comaraca Ferrolterra-Ortegal19.454.657,80107
Comarca de Santiago30.046.663,57151
Comarca Bergantiños-Costa da Morte16.797.950,1886
Comarca do Barbanza13.075.451,8166
Total100.500.000,00508
Comparte éste artículo
No hay comentarios