O Xiria visita hoxe a Comarca de Paradanta

por Redacción Deportes

Este venres pola tarde o Calvo Xiria viaxa á capital da Comarca de Paradanta para disputar o partido da Primera División Masculina de balonmán co Bm Saeplast Cañiza no que promete un choque intenso polo que se xogan ambos equipos.

O CALVO XIRIA, está nun momento bo de forma, despois dunha xeira positiva de vitorias, 3 nos 5 últimos partidos e superando ao Bm Ingenio na última xornada en Carballo. O noso equipo vai recuperando solidez, así está a recibir e marcar unha media de 28 goles por partido, só 5 equipos reciben menos goles.

BM CAÑIZA afronta a campaña cun equipo con 16 xogadores sénior, dos que só 7 continúan da pasada campaña, e 4 invitados do seu equipo
xuvenil. Os seus principais reforzos son Alejandro López Pintus, o xogador paraguaio Juan Florentín e o pivote internacional sub-23 brasileiro Thiago Teixeira (ex de Bm Santoña). Son baixas sensibles os ex do Xiria, Cristian Canosa e Adrián Losón.

Os pontevedreses chegan no 13º posto con 2 vitorias e 8 derrotas, reciben aproximadamente 28 goles por partido, cun balance negativo de 20 goles, o que amosa un equipo que está a marcar relativamente poucos goles, unha media de 26 por encontro, o 3º que menos marca. Gañou a Juvetud de Las Palmas e Culleredo e ten aprazado o partido fronte a Teucro, polo que a necesidade de puntos para alonxarse do descenso comeza a ser acuciante.

Trátase dun partido crucial para ambos equipos, para o Xiria é un partido que marcará o devir da tempada. Os de Carballo nas 4 xornadas que restan para o final da primeira volta xogan con Cañiza, Culleredo, Porriño e finalmente co Carballal. Os puntos que sumen nestes catro partidos acercaranos aos postos de arriba e á zona tranquila da clasificación ou destinaranos a loitar o resto da campaña polos postos de abaixo. Xiria con 11 puntos na 10ª posición ten a tan só 3 puntos a 5ª praza que ostenta Carballal, xunto con Lalín, Luceros, Reconquista e Ingenio, e que terán enfrontamentos entre eles e cos equipos da parte alta da clasificación.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario