Derbi en Carballo

Este sábado pola tarde o Calvo Xiria recibe ao Balonmán Culleredo para disputar o partido da décimo terceira xornada da Primera División Masculina de balonmán no que é o novo derbi provincial da categoría.

O CALVO XIRIA, está nun momento bo de forma, pese ao tropezo da última xornada en A Cañiza, onde mantivo a solidez e só o desacerto nos 7
metros e os erros en 6 metros da segunda parte o privaron dos puntos. Segue a recibir e marcar unha media de 28 goles por partido, só 7 equipos reciben menos goles.

BM CULLEREDO afronta a campaña cun equipo con 16 xogadores sénior, con 9 baixas con respecto a pasada campaña e 12 que continúan ou se incorporan ao 1º equipo dende a base, e 7 invitados do seu equipo xuvenil. Os seus principais reforzos son o rosaleiro Mario Bento, o extremo zurdo Manuel López Reija (ex-adestrador de Xiria) e o porteiro Xoan Varela, pero as principais novidades son a recuperación dos ex de Xiria Alex Gómez e Pedro Pereira. Son baixas sensibles Mario Crecente e Daniel de Salvador, máximos goleadores da pasada campaña.

Os culleredeses chegan no 14º posto con 2 vitorias e 10 derrotas, recibe aproximadamente 33 goles por partido e marca 29, cun balance negativo de 55 goles, datos que agochan un equipo que está a marcar relativamente bastantes goles, hai seis equipos que marcan menos, pero está a encaixar moito. Gañou a Juvetud de Las Palmas e Tacoronte e a necesidade de puntos para alonxarse do descenso comeza a ser acuciante.

Trátase dun partido crucial para ambos equipos, tamén para Xiria, no seu propósito de acercarse aos postos de arriba e a zona tranquila da clasificación. Lembrade, o encontro disputarase o sábado no Vila de Noia ás 17.30 horas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios