Elena Candia: «Unha política fiscal axeitada, con rebaixas de impostos ás economías familiares, favorece a recadación»

Con esta reflexión, a voceira popular presentou unha proposición para ao pleno de decembro na que solicita que  se estude rebaixar o imposto de rodaxe xa que, neste momento, o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica en Lugo é un dos máis caros de Galicia

A popular poñía un exemplo gráfico para demostrar esta proposición: en Lugo por un vehículo tipo de entre 16 e 19 cabalos págase 154, 72€ de rodaxe, mentres en concellos como Palas, a mesma taxa é de  93,46€. Esta diferenza leva a que moitos veciños opten por censar os seus vehículos fóra de Lugo.

Segundo datos de Aprevar 3.000 vehículos están censados noutros concellos, o que supón unha perda de ingresos estimada en  300.000€ anuais. De feito a voceira destacou que, por intentar recadar 464.000€ con impostos altos, Lugo acaba sen ingresar nada porque os veciños optan por tributar noutros mucipios.

Esta política de suba de impostos leva a que nunca se acaden as previsións orzamentarias do goberno xa que dende o ano 2021 a previsión foi de recadar 6M€ por este imposto e nunca alcanzou nin os 5M€.

OUTRAS PROPOSICIÓNS

2. Cesión Parcela Novo Centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón

Propoñemos que o Concello de Lugo poña de inmediato á disposición da Xunta de Galicia a parcela do antigo colexio do Sagrado Corazón para que se inicie a construcción deste centro, mellorando así a atención sanitaria da zona.

3. Plan de Apoio ao Pequeño Comercio:

A caótica xestión do tráfico no centro da cidade, acompañada de informacións confusas e obras mal planificadas, está afectando gravemente ao pequeno comercio. Consideramos esencial a posta en marcha dun Plan de Dinamización do Comercio Local, que contemple accións concretas para apoiar aos comerciantes, reactivar a Mesa de Comercio Local como canle de cooperación coa administración.

4. Uso fóra horario lectivo instalacións deportivas colexios de Lugo:

Instamos ao Concello de Lugo a poñer en marcha un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para abrir as instalacións deportivas escolares fóra do horario lectivo, co apoio dos Consellos Escolares e direccións dos centros educativos. Esta proposta tamén contempla a dotación de persoal cualificado e un proceso de diálogo cos centros, co fin de mellorar o uso das infraestruturas e satisfacer as necesidades da comunidade deportiva

CATRO PREGUNTAS SOBRE CUESTIÓNS RELATIVAS A FALTA DE XESTIÓN QUE AFECTAN A:

???? Infraestruturas e espazos públicos

1. Queremos saber cal é o resultado das xestións realizadas polo goberno local para conseguir a cesión dos terreos que ten Defensa na contorna do campo de futbol das Gándaras para acondicionar neste espazo un aparcadoiro. Hai dous meses se nos asegurou que o oficio do acrodo fóra remitido a Defensa.

2. Tamén pedimos explicacións pola falta de iluminación na  rotonda de Nadela. Queremos que o goberno local se pronuncie sobre si consideran que a iluminación debe estar apagada tal e como impón o goberno central. En caso de que opinen o contrario  que xestións se fixeron para acender as farolas que hain este punto.

Atención ás entidades e organizacións sociais

3. Dado que acaba o ano e non se sacaron as bases para as entidades sociais complicando o traballo destas asociación queremos saber se se lles vai a faciliar algún tipo de subvenión.

Cumprimento de compromisos e promesas

4. Preguntaremos se o concelleiro de Deportes vai cumprir a súa promesa de publicar as bases de licitación para a redacción do proxecto do novo pavillón antes de fin de 2024, tendo en conta os retrasos previos na licitación..

CATRO ROGOS PARA:

1. Apertura de aparcadoiros en horario de tarde: Solicitamos que se dé cumprimento ao acordo plenario unánime de setembro, no que se aprobou a apertura dos aparcadoiros do IES Virxe dos Ollos Grandes e do IES Lucus Augusti en horario de tarde.

Para que os aparcadoiros dos institutos estean dispoñibles para a veciñanza fóra do horario lectivo, resulta fundamental establecer unha regulación que garanta a súa seguridade e o bo uso unha competencia que é do concello de Lugo. É necesario definir normas que especifiquen a xestión, a responsabilidade da vixilancia e o mantemento durante o tempo de uso público. Este marco normativo asegurará que a proposta sexa viable e beneficiosa tanto para a comunidade educativa como para o conxunto da cidadanía.

2. Reserva de PRAZAS EXPRESSde de aparcadoiro na contorna das farmacias: hai un acordo de abril no que se solicitaba ao gabinete de tráfico do Concello estudar a conveniencia de reservar prazas de aparcadoiro nas inmediacións das oficinas de farmacia. Esiximos que se informe sobre as actuacións levadas a cabo e os avances para dar cumprimento a este acordo.

3. Apoio ao Mercadillo de Antigüidades e Coleccionismo: Pedimos que o Concello atenda as reivindicacións dos comerciantes do Mercadillo de Antigüidades e Coleccionismo, que dinamizan o turismo e a economía do casco histórico de Lugo. Creemos que este mercado debe recibir o apoio necesario para fortalecer o seu papel na cidade

4. Reparación da rúa Fonmiñá: Despois de constatar que a afirmación feita polo concelleiro Mauricio Repetto no pasado pleno ordinario non se corresponde coa realidade da rúa Fonmiñá, reiteramos o noso ROGO para que se proceda a desbrozar e reparar esta vía, que actualmente se atopa en total abandono.

Comparte éste artículo
No hay comentarios