A Fundación Imdecum organizou o seu Torneo de Nadal

Este sábado día 4 de xaneiro tivo lugar o Torneo Nadal Mariñán 2024 da Fundación Imdecum, evento anual no que participan as nenas e nenos máis peques de toda a comarca, da categoría biberón, é dicir, de entre 4 e 5 anos (nados entre 2019- 2020).

Celebrado no pavillón Os Castros, desputáronse 3 encontros entre os participantes da competición, iniciando a xornada ás 11.00h co EDC Burela FS –A.D. Río Ouro; 11.40h desputouse o Barbería Timiraos Celeiro FS – EDC Burela FS e para pechar, ás 12.20h o A.D. Río Ouro – Barbería Timiraos Celeiro FS.

Este torneo é unha das tantas actividades para promocionar o futsal na Mariña da Fundación Imdecum, a máis salientable o Memorial Heroes de Orzán celebradoao remate da tempada de liga, adicado a todas as categorías da base. O Torneo de Nadal pretende incentivar o gusto e afición polo deporte aos máis pequeños así como promover o futsal dende a base, axudando aos clubs da zona a consolidar escolas deportivas que cada ano son máis sólidas, como por exemplo as EDC Burela FS con máis de 200 nenas e nenos inscritos esta tempada.

Colaboran con este torneo a Deputación de Lugo e o Concello de Burela.

Comparte éste artículo
No hay comentarios