Bendición de mascotas en San Antón Abade en Noicela (Carballo)

Por terceiro ano consecutivo, a parroquia de Santa María de Noicela (Carballo) realizará unha bendición de mascotas coincidindo coa celebración da festa de San Antón Abade, o venres 17 de xaneiro.

O ano pasado a afluencia foi moi importante, e a veciñanza da parroquia agarda que nesta terceira edición se consolide e vaia cada vez a máis. A bendición das mascotas (cans, gatos, paxaros…) realizarase na misa das 12.00 horas, e desde a parroquia convidan a todas as persoas amantes dos animais a participar. Para evitar molestalos, este ano tampouco haberá pirotecnia.

O Concello de Carballo colabora un ano máis tamén nesta celebración. Se na edición do 2025 se entregou a cada mascota unha badana reflectante, neste 2025 recibirán un dispensador de bolsas con forma de óso. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios