Este recoñecemento chega tras un ano especialmente intenso no que Daniel Nieto impulsou no CICA o Laboratorio de BiofabricaciónAvanzada (DNIETOLAB), para o que contou cunha axuda ConsolidatorGrant do Consello Europeo de Investigación (ERC) de 2 millóns de euros.
O investigador do CICA Daniel Nietoincorpórase este mes ao programa de excelencia investigadora Oportunius, impulsado pola Xunta de Galicia para atraer, reter e retornar talento investigador a Galicia.
Nieto, que se incorporou ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, a principios do ano 2024 a través do programa In Talent UDC-Inditex, desenvolveu nunha primeira fase do seu proxecto un sistema baseado en pinzas ópticas que permite a bioimpresión dun órgano linfático completamente funcional.
Este recoñecemento chega tras un ano especialmente intenso, no que Daniel Nieto impulsou no CICA a posta en marcha do Laboratorio de BiofabricaciónAvanzada (DNIETOLAB), proxecto que forma parte da súa liña investigadorapara a que conta cunha axuda Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) de 2 millóns de euros.
Ampliación de equipo
Asociados á ERC Consolidator Grant, acaban de incorporarse ao proxecto un investigador posdoutoral e un estudante de doutoramento, que se suman a outros tres estudantes de doutoramento que traballan noutras liñas de investigación do grupo, enfocadas ao desenvolvemento de tecidos orais, córneas artificiais e á aplicación de intelixencia artificial para a optimización dabioimpresión de tecidos.
O obxectivo é que a finais de 2025, o grupo se consolide cun total de oitoinvestigadores en formación e posdoutorais.
Outro dos logros salientables deste ano foi a creación do laboratorio satélite DNIETOLABNWU na Universidade Northwestern (Potchefstroom , Sudáfrica), co obxectivo principal de transferir coñecementos sobre biofabricación de tecidos a través da afiliación como «extraordinary professor» na Facultade de Medicina. Este laboratorio tamén supervisará a dous estudantes e facilitará ointercambio académico dentro do grupo. Así mesmo, acaba de iniciarse un proceso de colaboración coa Universidad de Wake Forest en Carolina do Norte(EEUU), para promover o intercambio de estudantado e acelerar a translaciónclínica dos tecidos desenvolvidos no grupo.
Unha traxectoria dedicada á medicina rexenerativa
Daniel Nieto, natural de Trazo (A Coruña) foi profesor en Biofabricación para Medicina Rexenerativa no Instituto MERLN da Facultade de Saúde, Medicina e Ciencias da Vida da Universidade de Maastricht.
Previamente, realizou estadías posdoutorais no Harvard-MIT Program ofHealth Sciences and Technology, nas universidades de Granada e Galway, así como no Instituto de Enxeñaría Biomédica da Universidade de Oxford. Foi investigador principal da Universidade Nacional de Irlanda, onde desenvolveu unha planta piloto de biofabricación avanzada para aplicacións biomédicas, e profesor visitante no Instituto de Tecnoloxía de Nova Jersey, en Estados Unidos.
Autor de máis de 60 publicacións en revistas científicas e máis de 70 contribucións a congresos internacionais, participou en 15 proxectos de investigación. Ademais é cofundador da empresa Healthbiolux e autor de cinco patentes de dispositivos de biofabricación e biotintas. A súa investigación multidisciplinar contribúe ao desenvolvemento no campo da enxeñaría de tecidos e órganos, grazas a unha combinación única de enfoques de fotónica, biomedicina e enxeñaría biomédica.