Vendaval Costa da Morte celebrará o 26 de xaneiro, o Día Internacional da Enerxía Limpa, cunha andaina ao Castelo de Brandufe

Súmase así aos numerosos actos que a Coordinadora Eólica «Así, non!» organiza en todo o país.

Desde Vendaval, facemos Unha chamamento para que participe canta máis xente mellor e mandemos así unha mensaxe á nosa clase política de que é necesario un novo modelo eólico.

A nosa asociación ten como obxectivo informar a nosa veciñanza de que a Costa da Morte corre un grave perigo xa que desde hai uns anos están destruíndo os nosos recursos. Parques eólicos, balsas, subestacións enormes…están facendo desaparecer as nosas paisajes e, agora tamén, elementos básicos como a Auga que consumimos, tal e como vemos nos proxectos que queren instaurar na Ruña, en Mazaricos.

Queremos unha Costa da Morte morta?

Comparte éste artículo
No hay comentarios